miniatura|240x240px|Inflorescencia. A Achyrocline saturejoides é unha especie pertencente á familia das asteráceas utilizada como planta medicinal. En Galicia está catalogada como especie exótica invasora.Fichas identificativas de Especies exóticas invasoras
Descrición É un arbusto ou sub-arbusto perenne que alcanza ao redor dun metro de altura. Talos ascendentes ou decumbentes con indumento lanoso denso. Follas lineares, linear-lanceoladas, estreitamente lanceoladas ou estreitamente oblanceoladas, concoloras, con pubescencia lanosa densa. Capítulos con 4-8 flores, 1-3 hermafroditas e 3-6 femininas. Involucro de 9-14 filarias amarelas ou amarelo-avermelladas, con pubescencia lanosa. Aquenios anchamente elipsoidais, con papilas pequenas. Papos máis longos que a corola.
Distribución Distribúese en Suramérica nos seguintes países: Arxentina, Bolivia, Brasil, Colombia, Ecuador, Paraguai, Perú e Uruguai.
Taxonomía Achyrocline saturejoides foi descrita por (Lam.) DC. e publicada en Prodromus Systematis Naturalis Regni Vegetabilis 6: 220. 1837.
Sinonimia
Achyrocline vargasiana Gnaphalium saturejoides Lam. basónimo 1786 Achyrocline candicans (Kunth) DC. Gnaphalium candicans Kunth Gnaphalium rufum Willd. ex Less. Gnaphalium saturejaefolium Poepp. ex DC.Achyrocline satureioides en PlantList
Ortografía Orixinalmente publicada como satureioides. Corrixiuse a saturejoides de acordo ao artigo 60.6 ex. 15 do ICN que estipula que un epíteto de orixe do latín (non grego) un "i" entre dúas vogais débese tratar como unha semivogal e debe ser corrixida a un "j".
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Planta medicinal Fitoterapia Usos medicinais das raíces
Bibliografía Toursaskiassian, M. 1980. Plantas Medicinales de la Argentina. Ed. Hemisferio Sur. Buenos Aires. p. 25
Ligazóns externas Achyrocline satureioides
Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora de América do Sur Categoría:Plantas invasoras