Burdette Garner Johnson, nado en De Soto, Missouri, o 2 de xaneiro de 1885 e finado en San Luís, Missouri, o 24 de febreiro de 1947, foi un numismático estadounidense.

Johnson centrou a súa actividade no comercio numismático e foi coñecido sobre todo polo seu labor como mentor de futuros numismáticos estadounidenses, entre os que destaca a figura de Eric P. Newman.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Burdette Johnson naceu en 1885, na pequena vila de De Soto, no condado de Jefferson, Missouri, fillo de Luella Lou Conway (1859-1914) e de William A. Johnson (1849-1931).Lupia, J. N. (2028). "Johnson, Burdette Garner ". NumismaticMall.com A súa familia trasladouse a San Luís cando el tiña 12 anos.Smith, P. (2012)."Obituary: Burdette G. Johnson, A.N.A. 473". En The Numismatist. Maio de 1947. Páxina 366.

Johnson educouse en gran medida de xeito autodidacta, e tiña por costume a lectura dun libro diario, rutina que continuou ata a súa idade adulta."St. Louis coin dealer Burdette G. Johnson ". En The E-Sylum. Vol. 12. Nº 8. 22 de febreiro de 2009. Na súa infancia espertouse nel a afección pola numismática e aos quince anos comezou a manter correspondencia coa distribuidora de moedas Chapman Brothers, para se facer con moedas romanas para a súa daquela incipiente colección persoal. Máis tarde traballou para familiares seus, como caixeiro en Columbus, Indiana, logo de concluír a educación primaria en 1900.

Carreira profesional En setembro de 1902, Johnson abandonou Indiana e regresou a San Luís. Primeiro traballou como empregado de Frank Elmer Ellis, o propietario do comercio numismático St. Louis Stamp & Coin. Ao xuntar a súa afección co seu labor profesional, non tardou en destacar entre os numismáticos da zona de San Luís como especialista en moedas da época romana, e axiña, en 1903, ingresou na American Numismatic Association, cando aínda tiña 18 anos.

Ao ser un ávido lector, Johnson distinguiuse polos seus vastos coñecementos xa desde a súa xuventude.The Asylum. Numismatic Bibliomania Society. Vol. XVI. Nº 3. Setembro de 1998. Páxinas 4-5. O 7 de xullo de 1907, Johnson comproulle a Ellis a metade da compañía St. Louis Stamp & Coin, e a outra metade comprouna o seu curmán, David Sutherland, con quen constituíu unha sociedade. Mais esta sociedade foi efémera, e en setembro do ano seguinte Johnson comprou a parte da empresa que lle correspondía a Sutherland, co pasou a ser o seu único propietario, aínda que mantivo relacións comerciais co seu exsocio.

Xunto con Sutherland comprou en 1942 os cinco exemplares coñecidos da moeda de 5 centavos Liberty Head de 1913, anteriormente pertencentes á colección do coronel Green.Bowers, Q. D. (2001). "Pedigree of Five Known 1913 Liberty Nickels". Professional Coin Grading Services."1913 nickel: the nickel that never was". American Numismatic Association (Money.org). Tamén recibiu grandes remesas de moedas procedentes da herdanza de Virgil Brand, para as vender en nome de Armin Brand.

Johnson converteuse nun dos numismáticos estadounidenses máis salientables da súa época. A partir de 1912 comezou a desprazarse anualmente a Europa para investigar, estudar e coleccionar moedas antigas; concretamente, sábese que en 1919 viaxou a Inglaterra, Italia, Francia, Alemaña, Bélxica, Suíza, Checoslovaquia e os Países Baixos. Encargábaselle con regularidade a taxación das coleccións privadas de coleccionistas de moedas e, simultaneamente estudaba e determinaba a atribución dos milleiros de moedas da súa colección.

Tamén se lle recoñece ter sido o mentor de Eric P. Newman cando este era aínda un rapaz e frecuentaba adoito o seu establecemento. Johnson negábase sempre a venderlle moeda ningunha ata que Newman non entendese o seu contexto histórico e a súa atribución.Healey, M. (2014). "In Coins, Man Found a Century of Learning". En The New York Times. 18 de maio. Á parte de Newman, Johnson fomentou outras moitas relacións con persoas que se converteron en destacados numismáticos, e era ben coñecido poña súa franqueza e o seu entusiasmo na difusión do interese pola numismática nos demais.

As súas coleccións incluían grandes cantidades de moedas coloniais norteamericanas, moedas europeas antigas e medievais, moedas mexicanas da época do Imperio Español e dos inicios da independencia, e moedas menores de cobre das illas Filipinas e da India portuguesa.

Vida persoal Johnson estivo sempre solteiro. Durante a Gran Depresión, acolleu unha rapaza chamada Mary Cruzan, que fora abandonada polos seus pais, á que criou e educou como a unha filla propia, e Cruzan herdou máis adiante a totalidade das existencias de moedas coloniais estadounidenses que posuía Johnson. Estas moedas foron vendidas nunha poxa por 1,1 millóns de dólares logo do falecemento de Mary Cruzan en 1996.

Burdette Johnson morreu dun ataque ao corazón o 24 de febreiro de 1947, aos 62 anos, mentres viaxaba nun tranvía cara ao seu establecemento comercial. Foi soterrado no cemiterio de Valhalla, no condado de San Luis, Missouri.

A súa colección persoal de moedas foi sacada a poxa pola compañía Hans Schulman en 1951 e 1952.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Smith, P. (2012). "Johnson, Burdette G.". En American Numismatic Biographies. Páxina 226.

Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1947 Categoría:Nados en Missouri Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades sen imaxes