O Convenio do Consello de Europa sobre a prevención e a loita contra a violencia contra as mulleres e a violencia doméstica, tamén coñecido como Convenio de Istanbul ou Convención de Istanbul, é unha convención do Consello de Europa que ten por obxectivo a loita contra a violencia contra mulleres e a violencia doméstica. Presentouse en Istanbul en 2011 e está en vigor en Europa dende o 1 de agosto de 2014. En 2022, foi asinado por 45 países e ratificado por 37 países. En 2021, o presidente Recep Tayyip Erdoğan anunciou a retirada de Turquía.

É o primeiro instrumento de carácter vinculante no eido europeo en materia de violencia contra as mulleres e violencia doméstica, e está considerado o tratado internacional máis completo e de maior alcance sobre a loita contra a violencia contra as mulleres e a violencia doméstica. Recoñece a violencia contra as mulleres como unha violación dos dereitos humanos e aborda a violencia contra as mulleres a través de medidas dirixidas á prevención da violencia, a protección ás vítimas e o axuizamento dos autores.

O Convenio contempla como delito todas as formas de violencia contra as mulleres: a violencia física, psicolóxica e sexual, incluída a violación; a mutilación xenital feminina, o matrimonio forzado, o acoso, o aborto forzado e a esterilización forzada. Isto implica que os estados deberán introducir nos seus sistemas xurídicos estes delitos.

Adopción, sinatura e ratificación miniatura|esquerda|230x230px| A convención foi adoptada polo Comité de Ministros do Consello de Europa o 7 de abril de 2011. Abriuse para a súa sinatura o 11 de maio de 2011, con ocasión da 121.ª Sesión do Comité de Ministros en Istanbul. Entrou en vigor con 10 ratificacións, oito das cales foron requiridas para ser estados membro do Consello de Europa.

Países que ratificaron o Convenio O 12 de marzo de 2012, Turquía converteuse no primeiro país en ratificar a Convención, aínda que no 20 de marzo de 2021, co islamita conservador Tayyip Erdoğan como presidente de Turquía, abandonou a Convención de Istanbul.Turquía abandona la Convención de Estambul contra la violencia machista porque va en contra de "la estructura familiar", eldiario.es, 20 de marzo de 2021Erdogan saca a Turquía del tratado europeo contra la violencia machista, Público, España, 20 de marzo de 2021

Entre 2013 e 2015 foi rataficado por outros dezaoito países que asinaron: (Albania, Andorra, Austria, Bosnia e Hercegovina, Dinamarca, Eslovenia, España, Finlandia, Francia, Italia, Malta, Mónaco, Montenegro, os Países Baixos, Polonia, Portugal, Serbia e Suecia). O 11 de maio de 2017, o Consello decidiu a adhesión da Unión Europea considerando que esta adhesión garante a complementariedade entre o plano nacional e o plano da UE, e consolida a capacidade desta última para desempeñar un papel máis eficaz en foros internacionais como o Grupo de Expertos do Consello de Europa na loita contra a violencia contra as mulleres e a violencia doméstica (GREVIO).

En xullo de 2017, a convención estaba asinada por 46 estados, seguidos da ratificación do mínimo de oito vinte e catro membros do Consello de Europa.

Notas

Categoría:Tratados de Albania Categoría:Tratados de Andorra Categoría:Tratados de Austria Categoría:Tratados de Bélxica Categoría:Tratados de Bosnia e Hercegovina Categoría:Tratados de Dinamarca Categoría:Tratados de Eslovenia Categoría:Tratados de España Categoría:Tratados de Finlandia Categoría:Tratados de Francia Categoría:Tratados de Italia Categoría:Tratados de Macedonia do Norte Categoría:Tratados de Mónaco Categoría:Tratados de Montenegro Categoría:Tratados dos Países Baixos Categoría:Tratados de Polonia Categoría:Tratados de Portugal Categoría:Tratados do Reino Unido Categoría:Tratados de Romanía Categoría:Tratados de Serbia Categoría:Tratados de Suecia Categoría:Tratados de Turquía Categoría:Tratados de Ucraína