Vicente Muíño Tojeiro, nado en Cedeira cara a 1909 e finado en Ribadeo o 23 de xullo de 1936, foi un mariñeiro e político galego.

Traxectoria Veciño de Cervo (Cedeira), mariñeiro da mercante, estaba embarcado no vapor Luis Caso de los Cobos en 1933. O xulgado de Ortigueira emitiu unha requisitoria contra el en febreiro de 1933 como encartado no sumario 61/1932 por tenencia de armas e disparo contra Rogelio Salido Cortizas.BOP Oviedo, 2-3-1933, p. 4. Na folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido con outros veciños de Cedeira en novembro.El Correo Gallego, 2-11-1934, p. 1.El Ideal Gallego, 2-11-1934, p. 1. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia á sublevación en Ribadeo e foi morto nos enfrontamentos da toma da vila polos militares golpistas o 23 de xullo de 1936.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Cedeira Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1936