Non confundir con David Lange, primeiro ministro de Nova Zelandia (1984-1989).
David Walter Lange, nado en San Francisco, California, o 29 de agosto de 1958 e finado en Bradenton, Florida, o 16 de xaneiro de 2023, foi un numismático estadounidense.
Traxectoria Lange cursou os seus estudos no College of San Mateo, en San Mateo, California, e entre 1980 e 1994 traballou como delineante nunha compañía de instalacións de gas e electricidade.Smith, P. (2023). Smith, P. (2012).
Mais o verdadeiro interese de Lang foi a numismática, afección que desenvolveu xa desde a súa infancia, cando se iniciou no coleccionismo. Os seus estudos posteriores levárono a ser un dos maiores coñecedores da historia da moeda estadounidense, aspecto ao que dedicou varias publicacións.
Lange colaborou durante décadas na revista The Numismatist, coas súas columnas Back to Basics e No Worse for Wear entre 1988 e 1992 e, logo dunha pausa, coas columnas From One to 70, de 1996 a 2002, e USA Coin Album, a partir de de 2002. Tamén foron habituais as súas colaboracións con outras publicacións numismáticas, como The E-Sylum, Coin World ou Numismatic News. No ámbito editorial, tamén o foi editor de The Bulletin of the Pacific Coast Numismatic Society (1984-1986) e de The Journal of the Pacific Coast Numismatic Society (1986-1988).
Ademais, Lange foi deseñador de medallas conmemorativas para a Liberty Numismatic Society (1987-1990).
Entre outras sociedades eruditas e entidades asociativas, David W. Lange foi presidente da Pacific Coast Numismatic Society (1988-1989), da Liberty Numismatic Society (1988-1989), da California State Numismatic Association (1993-1994) e da New Jersey Numismatic Society (2000-2001). Ademais, desde 1978 foi membro da American Numismatic Association, entidade que en 2009 lle concedeu o seu Premio á Traxectoria, en 2017 o nomeou Numismático do Ano,"David W. Lange (1958-2023)". En Coins Weekly. 26 de xaneiro de 2023.Tucker, D. (2023). e en 2023 lle concedeu o premio Burnett Anderson Memorial. En varias ocasións, Lange exerceu como docente nos seminarios de verán desta última institución, impartindo un curso sobre os tipos na moeda estadounidense.
En 1994 formou parte do comité creado pola alcaldía de San Francisco para preservar o Museo da Antiga Casa da Moeda de San Francisco. A partir do 16 de novembro dese mesmo ano, Lange exerceu como director de investigación numismática da compañía Numismatic Guaranty Company, en Nova Jersey."In Memoriam: David W. Lange, NGC Research Director". Numismatic Guaranty Company. 18 de xaneiro de 2023.
Enn 1994 recibiu o premio Embaixador Numismático, de Florida United Numismatists (FUN)."Numismatic Ambassador Award Winners". Florida United Numismatists (FUN). En 2018, o Gremio Literario Numismático concedeulle a súa máis alta honra, o premio Clemy."The Clemy Award Winners ". Numismatic Literary Guild. En 2021 foi incluído pola revista Coin World na lista das persoas máis influentes da numismática no período 1960-2020."David W. Lange". En The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. 2021. Páxina 114.
Vida persoal O 18 de agosto de 2001 casou con Alba Iris Acosta, de quen se divorciou en 2012.
David Walter Lange finou en Bradenton, Florida, o 16 de xaneiro de 2023, como consecuencia do cancro que padecía nos tres últimos anos.
Publicacións Estes son os principais traballos monográficos publicados por David W. Lange ao longo da súa traxectoria:"David W. Lange (1958-2023)". En Coins Weekly. 26 de xaneiro de 2023.
(1992). The Complete Guide to Buffalo Nickels. DLRC Press. ISBN 9781880731147 (1993). The Complete Guide to Mercury Dimes. DLRC Press. ISBN 978-1880731192 (1996). The Complete Guide to Lincoln Cents. Bowers & Merena . ISBN 978-0943161679 (2005). History of the United States Mint and Its Coinage. Whitman Pub. ISBN 978-0794819729 (2005). A Guide Book of Modern U. S. Proof Coin Sets (con Q. D. Bowers e L. B. Stack). Whitman Pub. ISBN 978-0794817640 (2004). Grading Guide for Modern U. S. Coins (con R. S. Montgomery). Whitman Pub. ISBN 978-0794819101
(2007). Coin Collecting Boards of the 1930s & 1940s. PennyBoard Press.
(2013-2020). Coin Collecting Albums. A Complete History and Catalog. PennyBoard Press. (2013). Vol.1: The National Coin Album & Related Products of Beistle, Raymond & Meghrig. ISBN 978-0989455305 (2016). Vol. 2: Library of Coins. Treasury of Coins. ISBN 9780989455312 (2020). Vol. 3: Whitman Publishing Company folders and albums 1940-1978. ISBN 978-0989455329
Notas
Véxase tamén Bibliografía
"David W. Lange (1958-2023)". En Coins Weekly. 26 de xaneiro de 2023. Smith, P. (2012). " Lange, David W(alter)". En American Numismatic Biographies. Páxina 249. Smith, P. (2023). "David W. Lange (1958-2023)". En E-Sylum. Vol. 26. Nº 4. 22 de xaneiro. Tucker, D. (2023). "Remembering David W. Lange (1958–2023)". En Coin Update. 16 de xaneiro .
Categoría:Nados en 1958 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Nados en San Francisco Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Galardoados co premio Burnett Anderson Memorial Categoría:Coleccionistas Categoría:Finados por cancro