Bantú Mama é un filme dominicano de 2021 dirixido por Iván Herrera e escrito por Herrera e Clarisse Albrecht. Foi producido por Iván Herrera, Clarisse Albrecht, Nicolas LaMadrid e Franmiris Lombert, e foi rodado na República Dominicana, Francia e o Senegal. O filme conta a historia de Emma (Clarisse Albrecht), unha muller francesa de ascendencia africana que consegue fuxir tras ser detida na República Dominicana. Refúxiase no barrio máis perigoso de Santo Domingo, onde é acollida por un grupo de nenos (Scarlet Reyes, Euris Javiel e Arturo Pérez). Ao converterse na súa protexida e figura materna, experimenta un cambio inimaxinable no seu destino.
Foi escollido como candidato da República Dominicana para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. ARRAY adquiriu os dereitos de distribución nos Estados Unidos, Canadá, Reino Unido, Australia e Nova Zelandia, e estreouse en Netflix o 17 de novembro de 2022.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes da República Dominicana propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes da República Dominicana Categoría:Filmes ambientados no Senegal Categoría:Filmes ambientados en Francia Categoría:Filmes ambientados en África Categoría:Filmes rodados na República Dominicana