KITSAT 2, (acrónimo de Korean Institute of Technology Satellite 2), coñecido tamén como OSCAR 25, foi un satélite artificial de Corea do Sur lanzado o 26 de setembro de 1993 mediante un foguete Ariane 4 desde o Centro Espacial de Kourou.

Características KITSAT 2 foi un satélite desenvolvido polo Instituto Coreano de Tecnoloxía. Usaba o bus Microsat-70, con forma de caixa de 35 x 35 x 67 cm e unha masa de 47,8 kg. Estaba recuberto de células solares para producir enerxía eléctrica e estabilizábase mediante gradente gravitatorio grazas a un mastro despregable. A súa misión foi continuar os experimentos e medicións de KITSAT 1, pero nunha órbita diferente.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ariane 4 KITSAT 1 KITSAT 3

Categoría:Satélites artificiais