Rubén I, señor de Armenia (Ռուբեն Ա en armenio, transliterado tamén como Rupen ou Roupen), nado en 1025 e finado en Korgomolo en 1095,Crowley & FMG foi un señor de Partzerpert e fundador da dinastía rubénida, que deu lugar á creación do Reino armenio de Cilicia.
Traxectoria
Orixes Nado en Armenia, a súa orixe non está clara. Mentres o cronista armenio, Mateo de Edesa, convérteo en parente de Gagik II, o derradeiro rei armenio de Ani, pero non o relaciona coa dinastía bagratuni; outros autores afirman que estaba emparentado, seguramente era fillo, con Gagik II, o derradeiro rei desta cidade. Outras noticias, emparéntano con Senekerim e os príncipes de Siunia.
Marcha a Cilicia Rubén abandonou Armenia cando os turcos selxúcidas conquistaron ese reino e marchou cara Cilicia acompañado dun continxente armenio. En 1080, tralo masacre de varios príncipes armenios polos bizantinos, entre eles Gagik II, reuniu á súa familia e fuxiu ás montes Tauros e refuxiouse na fortaleza de Kopitar (Kosidar) situada ao norte de Sis (hoxe, Kozan en Turquía),Ghazarian 2018, p. 46 e como señor de Gobidar e Goromosol declarou a súa independencia rebelándose contra o Imperio Bizantino.Runciman (2002), p. 82
A seguir, apoderouse da fortaleza de Partzerpert, un dos puntos máis inaccesibles das montañas de Cilicia ao noroeste da cidade de Sis. Ao mesmo tempo, Hetum, un seu compatriota, instalouse en Lampron, dando lugar á dinastía hetumida. Estas dúas familias seguirían sendo rivais até 1226, cando se produciu a unión das dúas dinastías co casamento da rubénida Isabel de Armenia co hetumida Hetum I de Armenia, monarcas do Reino Armenio de Cilicia.
Malia que en momentos posteriores, tanto Rubén como Hetum, terán gran relevancia, nestes momentos tiveron un papel secundario fronte a outro caudillo armenio chamado Vahram, denominado Filareto polos bizantinos, e do que se converteron en vasalos.Runciman (2002), pp. 82-83
Rubén morreu en 1095 e foi enterrado no mosteiro de Castalon, sendo sucedido polo seu fillo Constantino.
Casamentos e descendencia Descoñécese o nome da muller de Rubén I, pero deste matrimonio naceron:
Constantino I, o seu sucesor como señor de Partzerpert. Probablemente Toros de Marash, pai de Arda de Armenia, esposa do rei cruzado Balduino I de Xerusalén, pero a información sobre esta descendencia parece estar baseada na confusión entre varios nobres armenios.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Lista de monarcas do Reino Armenio de Cilicia
Categoría:Nados en 1025 Categoría:Finados en 1090 Categoría:Dinastía rubénida Categoría:Historia de Turquía