Horace Hayman Wilson, nado en Londres o 26 de setembro de 1786 e finado na mesma cidade o 8 de maio de 1860, foi un historiador, lexicógrafo e numismático orientalista, o primeiro en ocupar a cátedra de Lingua Sánscrita na Universidade de Oxford."Biography: Horace Hayman Wilson (26 September 1786 – 8 May 1860)". Rare Book Society of India.

Traxectoria Horace Hayman Wilson cursou o seu ensino secundario en Soho Square, no seu Londres natal.Lee, S. (ed.) (1900). Páxina 97."Death of Prof. Wilson, The Orientalist". En The New York Times. 25 de maio de 1860.

En 1804, Wilson comezou os seus estudos de Medicina no Hospital Saint Thomas, de Londres, e en 1805 aprobou o seu ingreso no Colexio de Cirurxiáns. En 1808 viaxou á India como cirurxián asistente no establecemento de Bengala da Compañía Británica das Indias Orientais. Nesta primeira viaxe, que durou seis meses, iniciou os seus estudos orientais e aprendeu a lingua hindustana. Os seus coñecementos de química e metalurxia levárono nesa época á Casa da Moeda de Calcuta, onde colaborou durante un tempo con John Leyden.Chisholm, H. (ed.) (1911). Páxina 692.Lee, S. (ed.) (1900). Páxina 98.

Durante moitos anos foi secretario do comité de instrución pública e supervisou os estudos do Sanskrit College de Calcuta. Foi un dos máis firmes opositores á proposta de que o inglés fose o único medio de instrución nas escolas nativas, e durante un tempo foi obxecto de duros ataques.

En 1832, a Universidade de Oxford elixiu a Horace H. Wilson para ocupar por primeira vez a cátedra Boden de Lingua Sánscrita, acabada de crear, polo que residiu nesa cidade entre 1833 e 1836. Wilson publicara un anuncio dunha columna na páxina 3 de The Times do 6 de marzo de 1832, cunha listaxe dos seus logros e das actividades previstas, xunto con testemuños, entre eles o dun candidato rival, sobre a súa idoneidade para o posto. En 1836 foi nomeado bibliotecario da Compañía das Indias Orientais, o que o obrigou a visitar a súa cátedra en Oxford só uns días cada trimestre. Tamén impartiu clases no East India Company College.Temple, R. (1882). Men and Events of My Time in India. .John Murray, Londres. Páxina 19. O 10 de abril de 1834 foi elixido membro da Royal Society de Londres.The Record of the Royal Society of London for the promotion of Natural Knowledge (4ª ed.). Royal Society, Londres. 1940.

Por recomendación de Henry Thomas Colebrooke, Wilson foi nomeado o 2 de abril de 1811 secretario da Sociedade Asiática de Bengala, en cuxa revista colaborou con artigos moi relevantes. Foi tamén membro da Sociedade Médica e Física de Calcuta, e membro fundador da Royal Asiatic Society, que dirixiu desde 1837 ata a súa morte.

Así mesmo, pertenceu á Royal Numismatic Society, de Londres, da que foi o seu terceiro presidente, entre 1841 e 1843, e posteriormente foi restituído no cargo entre 1845 e 1847."Presidents of the Society". The Royal Numismatic Society.

Wilson casou con Frances Siddons, neta da famosa actriz Sarah Siddons.Crawford, D. G. (1930). Roll of the India Medical Service. W. Thacker & Co., Londres. Páxina 58.

Horace Hayman Wilson finou o 8 de maio de 1860 aos 73 anos,"Proceedings of the Numismatic Society. Session 1858-59". En Numismatic Chronicle. Vol. 20. Páxinas 30-33. e foi soterrado no cemiterio de Kensal Green."Famous residents". Kensal Green Cementery.

Obra miniatura|Retrato en óleo de Horace Hayman Wilson, de autor descoñecido."Horace Hayman Wilson (NPG 2748)". National Portrait Gallery. Wilson interesouse fondamente pola lingua e a literatura antigas da India e foi o primeiro en traducir o Rigveda ao inglés. En 1814 publicou o texto sánscrito cunha tradución libre en verso rimado inglés do poema lírico de Kālidāsa, o Meghadūta ("Mensaxeiro das nubes")."Megha-Duta". En Truebner & Co. (1872). Linguistic Publications. Páxina 26.

Preparou o primeiro dicionario sánscrito-inglés, publicado en 1919, a partir de materiais compilados por eruditos nativos, complementados coas súas propias investigacións, que conta cunha segunda edición aumentada en 1832. Esta obra só foi superada polo Sanskritwörterbuch (1853-1876) de Rudolf Roth e Otto von Böhtlingk, que expresaron o seu recoñecemento cara a Wilson no limiar da súa grande obra.

Wilson interesouse tamén polo Āyurveda e as prácticas médicas e cirúrxicas tradicionais da India. Compilou as prácticas locais observadas para o cólera e a lepra nas súas publicacións na Sociedade Médica e Física de Calcuta.Wilson, H. H. (1825). "Kushta, or leprosy, as known to the Hindus". En Transactions of the Medical and Physical Society of Calcutta. 1. Páxinas 1-44.Wilson, H. H. (1826). "On the native practice in cholera, with remarks". En Transactions of the Medical and Physical Society of Calcutta. 2. Páxinas 282-292

En 1827, Wilson publicou Select Specimens of the Theatre of the Hindus, que contiña un estudo moi completo da dramaturxia india, traducións de seis obras completas e breves recensións doutras vinte e tres. A súa Mackenzie Collection (1828) é un catálogo descritivo da extensa colección de manuscritos e antigüidades orientais, sinaladamente do sur da India, realizada polo coronel Colin Mackenzie, depositada daquela en parte na Oficina da India de Londres —posteriormente parte das Coleccións da Oficina Oriental e da India da Biblioteca Británica— e en parte en Madrás.

Escolma de publicacións Esta é unha listaxe dos traballos monográficos máis salientables publicados por Horace Hayman Wilson ao longo da súa traxectoria:.Annual Report of the Royal Asiatic Society. 1860."Horace Hayman Wilson". WorldCat.org

(1814). The Mēgha Dūta; or, Cloud messenger [...] by Kālidāsa. Calcuta. [2ª ed. revisada en 1843] (1819). A Dictionary, Sanscrit and English. Philip Pereira, Calcuta. [2ª ed. revisada en 1832] (1827). Select Specimens of the Theatre of the Hindus: Vol. 1 - Vol. 2. V. Holcroft, Calcuta. [2ª ed. revisada en 1835: Vol. 1 - Vol. 2] (1827). Documents Illustrative of the Burmese War. Government Gazette Press, Calcuta. (1828). Mackenzie Collection: A Descriptive Catalogue of the Oriental Manuscripts (con C. Mackenzie). Asiatic Press, Calcuta. [2ª ed. revisada en 1882] (1828). Sketch of the Religious Sects of the Hindus. Asiatic Society, Calcuta [2ª ed. aumentada en 1846] (1830). Review of the External Commerce of Bengal from 1813 to 1828. (1840). The Vishnu Purána: a system of Hindu mythology and tradition. John Murray, Londres. (1841). Travels in the Himalyayan Provinces of Hindustan and the Panjab. Vol. 1 - Vol. 2. John Murray, Londres. (1841). Ariana Antiqua: A descriptive account of the antiquities and coins of Afghanistan. W. Hughes, Londres. (1841). An Introduction to the Grammar of Sanskrit Language for the Use of Early Students. J. Madden, Londres. (1845-1848). The history of British India from 1805–1835. Vol. I (1845) - Vol. II (1846) - Vol. III (1848). J. Madden, Londres. (1850-1888). Rig-veda Sanhitá: a collection of ancient Hindu hymns. Vol. 1 (1850), Vol. 2 (1854), Vol. 3 (1857), Vol. 4 (1866), Vol. 5 (1888), Vol. 6 (1888). H. Allen / N. Trübner, Londres. (1852). Narrative of the Burmese war, in 1824-26. H. Allen, Londres. (1855). A glossary of judicial and revenue terms and of useful words occurring in official documents relating to the administration of the government of British India. H. Allen, Londres.

Edicións póstumas

(1862-1871). Works by the Late Horace Hayman Wilson. Trübner, Londres. (1862). Vol. I: Religion of the Hindus (I). (1862). Vol. II: Religion of the Hindus (II). (1864). Vol. III: Sanskrit Literature (I). (1864). Vol. IV: Sanskrit Literature (II). (1865). Vol. V: Sanskrit Literature (III). (1864). Vol. VI: The Vishnu Purana (I). (1865). Vol. VII: The Vishnu Purana (II). (1866). Vol. VIII: The Vishnu Purana (III). (1868). Vol. IX: The Vishnu Purana (IV). (1870). Vol. X: The Vishnu Purana (V). (1871). Vol. XI: Theatre of the Hindus (I). (1871). Vol. XII: Theatre of the Hindus (II). (1960). The Hindu History of Kashmir. Susil Gupta, Calcuta.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Chisholm, H. (ed.) (1911). "Wilson, Horace Hayman". En Encyclopædia Britannica (11ª ed.). Cambridge University Press. Páxinas 692-693. Lee, S. (ed.) (1900). "Wilson, Horace Hayman". En Dictionary of National Biography. Vol. 62. Smith, Elder & Co., Londres. Páxinas 97-99. Sirkin, N. P. R. (1965). "Horace Hayman Wilson and Gamesmanship in Indology". En Asian Studies. Páxinas 301-323

Categoría:Nados en 1786 Categoría:Finados en 1860 Categoría:Nados en Inglaterra Categoría:Historiadores do Reino Unido Categoría:Cultura da India Categoría:Lingüistas da lingua sánscrita Categoría:Tradutores do Reino Unido Categoría:Profesores da Universidade de Oxford Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Orientalistas Categoría:Presidentes da Royal Numismatic Society Categoría:Membros da Royal Society