Alberto González-Garcés Santiso, nado na Coruña en 1950, é un investigador mariño e poeta galego.

Traxectoria É licenciado en Bioloxía Mariña e Oceanografía Biolóxica pola Universidade de Santiago, doutor na mesma especialidade pola Universidade Complutense de Madrid coa tese Contribución al conocimiento de la dinámica de la población del atún blanco (Thunnus alalunga) del Atlántico Norte.

Foi investigador mariño no Instituto Español de Oceanografía, Director do Centro Tecnológico del Mar (FUNDACIÓN CETMAR), director do Centro Oceanográfico de Vigo, presidente do Comité Científico da Comisión Internacional para a Conservación dos Atunes de Atlántico e presidente do Comité Científico, Técnico e Económico da Pesca da Unión Europea. Traballou na Comisión Europea en Bruxelas participando na concepción da Política Pesqueira Común.

Publicou múltiples artigos no Faro de Vigo,, La Voz de Galicia, Industrias Pesqueras, e en revistas da súa especialidade.

Obras Contribución al conocimiento de la dinámica de la población del atún blanco "Thunnus Alalunga" Bonnaterre, 1788 del Atlántico norte (2003). Instituto Español de Oceanografía. La Ría de Vigo: una aproximación integral al ecosistema marino de la Ría de Vigo (2008). Instituto de Estudios Vigueses. ISBN 978-84-89599-34-5.

Ángeles Alvariño González, investigadora marina de relevancia mundial (2016). Instituto Español de Oceanografía. ISBN 978-84-95877-54-3.

José María Navaz y Sanz: La biología marina y la alegría de vivir (2019). Instituto Español de Oceanografía. Somos o que imaxinamos (2025). Medulia Editorial. 264 páxs. ISBN 978-84-10324-55-8.

Poesía Alta mar, mar aberta (2023). Medulia Editorial. 102 páxs. ISBN 9788419438355. Prólogo de Xavier Seoane.

Libros colectivos

Biología y pesca del atún blanco (2000). A Coruña: Cátedra Jorge Juan. ISBN 84-95322-49-8. La pesca y el criterio de ecosistema (2010). A Coruña: Cátedra Jorge Juan. ISBN 978-84-9749-424-3.

Unha estratexia marítima para Galicia (2010). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9865-341-0. Poetas na cociña IV. (2023). Editorial Medulia. Caminhos da poesia 3. Colectânea de poesia e lendas luso-galaicas 2024.Editorial Fraternidade Cultural Luso-Galaica. Imaginaçâo. Contos, relatos e poesía en português e galego (2024). Edita Ester de Sousa e Sá.ISBN 97898954214-8-0. Poetas na cociña VI. (2025). Editorial Medulia. Caminhos de Poesia 4. (2026). Colectânea de poesia e lendas luso-galaicas 2026.Editorial Fraternidade Cultural Luso-Galaica. O carballo de Padroso - 4. (2026). Edita a Fundación Bieto Ledo.

Vida persoal

É fillo de Miguel González Garcés Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá

Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Poetas de Galicia

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Nados na Coruña

Categoría:Nados en 1950 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes