Francisco Javier Ángel Bobillo de la Peña, nado en Ourense o 10 de xullo de 1946 e finado en Lanzarote o 6 de xaneiro de 2017, foi un catedrático, político e escritor galego.

Traxectoria

De familia coñecida en Ourense, con 10 irmáns, trasladouse a Madrid en 1963, onde estudou Enxeñaría Civil na Universidade Politécnica de Madrid. Durante os últimos anos da ditadura e os primeiros anos da democracia, Bobillo desempeñou un papel importante pero discreto na transición española baixo a dirección de Enrique Tierno Galván dentro do Partido Socialista Popular. Foi detido no seu domicilio o 31 de outubro de 1968 e condenado polo Tribunal de Orde Pública o 13 de xuño de 1969 a 10 meses de prisión e unha multa de 15.000 pesetas por propaganda ilegal e desobediencia aos axentes da autoridade (por negarse a abrir a porta da súa casa e ter que chamar aos bombeiros para entrar). Foi defendido no xuízo polo seu mestre, Tierno Galván, quen recorreu a sentenza ante o Tribunal Supremo, con Antonio Truyol como testemuña. Amigo íntimo e colaborador de Tierno Galván desde os seus anos na clandestinidade, tamén exerceu como o seu secretario persoal durante o mandato do "vello profesor" como alcalde de Madrid.

Tras desencantarse e desvincularse formalmente da política, a súa carreira derivou cara ao mundo dos negocios e o mundo académico. Tras recibir unha bolsa Fulbright, estudou na Universidade de Columbia en Nova York co seu amigo Edward Malefakis e doutorouse en Economía na Universidade Complutense de Madrid, onde Tierno Galván foi o seu asesor.

No mundo académico e cultural, foi profesor e conferenciante na Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid. Tamén impartiu docencia en diversas universidades americanas como Stanford University, Middlebury College e Hamilton College. Tamén foi secretario xeral da Universidade Internacional Menéndez y Pelayo durante varios anos, cando se converteu nun importante centro da vida cultural española. En outubro de 1993, foi nomeado Director Xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas do Ministerio de Cultura polo goberno de Felipe González. No mundo empresarial, foi Director Xeral de Tecnos - Grupo Anaya, ata a súa adquisición en 1998 polo grupo francés Vivendi.

Morreu dun ataque cardíaco durante unha viaxe familiar a Lanzarote o 6 de xaneiro de 2017.Obituario: Francisco Bobillo de la Peña O 8 de febreiro de 2017, a Biblioteca Nacional de España rendeulle unha sentida homenaxe, repasando a súa traxectoria na política, a cultura e as universidades españolas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Homenaje de la BNE a Francisco Bobillo

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Catedráticos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1946 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes