miniatura|265x265px|Artistas brasileiras protestando contra a ditadura militar. Na imaxe, Eva Wilma (segunda pola esquerda) xunto a Tônia Carreiro, Odete Lara, Norma Bengell e Cacilda Becker. Eva Wilma Riefle Buckup Zarattini, nada en São Paulo o 14 de decembro de 1933 e finada o 15 de maio de 2021 foi unha actriz e bailarina brasileira. Traballou en teatro, cine e televisión. Entre os seus papeis destacados, protagonizou a serie de televisión brasileira dos anos 50 Alô, Doçura!. Eva Wilma opúxose á ditadura militar brasileira e manifestouse contra a censura e a represión do réxime após o asasinato dun estudante, protagonizando unha emblemática fotografía de artistas contra a ditadura.
Traxectoria
Primeiros anos O seu pai, Otto Riefle Jr, era un metalúrxico da rexión da Selva Negra de Pforzheim, preto de Stuttgart, no sur de Alemaña. Marchou a Brasil, máis precisamente á cidade de Río de Xaneiro en 1929, con 19 anos, para traballar nunha empresa metalúrxica. A nai de Eva Wilma, Luísa Carp, naceu en Bos Aires, era filla de xudeus rusos e ucraínos que emigraran a Arxentina. Os pais de Eva coñecéronse na cidade de São Paulo cando o pai de Eva foi trasladado á cidade, e a súa nai, despois de vivir en Bos Aires, trasladouse a Brasil.
Carreira Comezou a súa carreira como bailarina clásica aos catorce anos. Tomou clases de patinaxe sobre xeo e foi contratada para participar en Holliday On Ice, un dos maiores festivais de patinaxe sobre xeo do mundo, pero os seus pais prohibíronllo. Pronto pasou a formar parte do São Paulo Ballet, de Maria Oleneva e logo comezou a carreira como actriz de teatro. Traballou no Teatro de Arena, actuando en obras como Judas o sábado de Aleluia, Uma Mulher e Três Palhaços e Boeing-Boeing. No cine, participou en filmes como Uma Pulga na Balança, O Homem dos Papagaios, Chico Viola Não Morreu e São Paulo S/A. Na televisión, debutou en 1953 na serie Namorados de São Paulo e posteriormente protagonizou Alô, Doçura xunto a John Herbert, serie que entrou no Libro Guinness como a máis longa do país. A parella, televisiva e na vida real, tamén protagonizou telenovelas brasileiras como Comédia Carioca e Prisoneiro de um Sonho. Eva Wilma e John Herbert foron unha das parellas máis queridas da televisión brasileira nos anos 50 e 60.
Durante a ditadura militar participou na folga dos teatros, opúxose ao réxime e manifestouse contra a represión e a censura. Nos inicios da ditadura (1965) actuou en São Paulo, Sociedade Anônima, escollido como o candidato do Brasil para o Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa na 38ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences Eva Wilma foi galardoada con numerosos premios na súa carreira, como o Prêmio Saci e o Molière á mellor actriz entre outros.
Vida persoal Estivo casada durante 23 anos co actor John Herbert, co que tivo dous fillos, Vivian e John Jr., e deles cinco netos. Máis tarde casou co actor Carlos Zara, con quen non tivo fillos.
Pasamento Eva Wilma faleceu aos 87 anos en São Paulo, o 15 de maio de 2021, no Hospital Albert Einstein, de cancro de ovario.
Filmografía AnoTítuloRolNotas1953Uma pulga...1953O Homem Dos Papagaios1953O CraqueElisa1954A Sogra1955Chico Viola Não Morreu1958O Cantor e o MilionárioLaura1960Cidade AmeaçadaTerezinha1962The Fifth PowerLaura Leal1963A Ilha1963Murder in RioLeila1965São Paulo, Sociedade AnônimaLuciana1967Juego peligrosoLucía(capítulo "Divertimento")1969TopazRosita GómezNon acreditada1970A Arte de Amar BemInês(capítulo "A Inconfidência de Ser Esposa")1973-1974Segredos de AreiaRuth / RaquelTV serie1975Cada um Dá o que Tem(capítulo "Cartão de Crédito")1980Asa Branca: Um Sonho BrasileiroMãe de Asa Branca1981Ciranda de PedraLaura PradoTV serie1983O Menino Arco-Íris1987Feliz Ano VelhoLúcia1992Pedra sobre PedraHilda PontesTV serie1995História de AmorZuleika Viana SampaioTV serie1997A IndomadaMaria Altiva Pedreira de Mendonça e Albuquerque203 episodios2002EsperançaRosaTV serie2004-2005Começar de NovoLucrécia159 episodios2006Veias e Vinhos - Uma História Brasileira2007The Sign of the CityAdélia2007-2008Desejo ProibidoCândida120 episodios2010A Guerra dos VizinhosAdélia2011-2012Fina EstampaMaria Íris Siqueira De MacielTV serie2015Verdades SecretasFábia48 episodios2018O Tempo Não ParaPetra Vaisánen22 episodios, (aparición final)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Eva Wilma, sitio oficial
Categoría:Brasileiros de ascendencia alemá Categoría:Finados en 2021 Categoría:Nados en 1933 Categoría:Actores do Brasil