Sangre de Muerdago é unha banda galega de neofolk aveciñada en Leipzig (Alemaña) liderada por Pablo Caamiña Ursusson.

As súas letras en galego tratan temas relacionados coa natureza con elementos místicos e inspíranse na tradición galega. A súa música inclúe instrumentos tradicionais como a zanfona e a nyckelharpa. Musicalizaron poemas de escritores galegos como Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro e Manuel María.

Traxectoria Ursusson comezou a súa carreira musical como membro do grupo crust punk Ekkaia. Xunto con Jorge Olson de Abreu, fundou Sangre de Muerdago e gravaron a súa primeira demo en 2007. Gravaron e autoeditaron o seu primeiro álbum homónimo de longa duración en 2009.

Ursusson formou parte doutros proxectos musicais posteriormente, como o grupo de crust punk Cop on Fire e a banda de black metal Antlers.

Discografía Dende a súa formación, lanzaron 6 álbums de longa duración, así como varios EPs e traballos noutros formatos. AnoTítuloFormato2007Sangre de MuerdagoDemo2010Sangre de MuerdagoLP2013Deixádeme morrer no bosqueLP2014Nas fragas do río EumeEP2014Braided PathsÁlbum split con Novemthree2015Lembranzas dende o lado salvaxeRecompilatorio2015O camiño das mans valeirasLP2017Os segredos da raposa vermellaEP2018VagalumesEP2018NoiteLP2020As voces da pedraÁlbum split con Monarch2020XuntasLP2021Cantiga de folhas e agulhasLive session con Judasz & Nahimana2022Cantiga da rainha das augasLive session con Judasz & Nahimana2023O Vento que lambe as miñ​as feridasLP

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de folk Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais en galego Categoría:Grupos musicais formados en 2007