Martha Isabel Peralta Epieyú, nada en Monguí, La Guajira o 11 de novembro de 1988, é unha avogada colombiana, especialista en dereito ambiental e líder indíxena do pobo wayuu pertencente ao clan Epinayú Epieyú. É presidenta do partido político Movemento Alternativo Indíxena e Social (MAIS). Peralta foi elixida ao senado da república de Colombia nas eleccións lexislativas de 2022 dentro da coalición do Pacto Histórico.
Traxectoria Peralta naceu no correxemento de Monguí en La Guajira, preto da capital Riohacha. Estudou no internado indíxena San Antonio de Aremasain.
Estudou dereito na Universidade Externado de Colombia, e cursou unha mestría en goberno e políticas públicas con especialización en dereito ambiental na Universidade do Rosario. Durante o seu período de estudos acompañou á Organización Nacional Indíxena de Colombia (Onic) en varios proxectos.
En 2015 vinculouse ao movemento MAIS como asesora xurídica para máis tarde participar na escola de formación política de devendito partido. Ademais foi asesora da ONIC perante a Axencia Nacional de Terras. No ano 2017 foi nomeada directora nacional do seu movemento.
En agosto de 2021 Martha Peralta contraeu matrimonio con Manuel Julián Molina, en Aritaure de La Guajira.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Pobo wayuu Movemento Alternativo Indíxena e Social
Categoría:Nados en 1988 Categoría:Ecoloxistas de Colombia Categoría:Políticos do Movemento Alternativo Indíxena e Social Categoría:Senadores de Colombia Categoría:Pobo wayuu Categoría:Colombianos de ascendencia indíxena Categoría:Mulleres líderes indíxenas