Aldevan Brazão Elias (tamén coñecido como Aldevan Baniwa), nado na illa da Oscarina, no concello de Santa Isabel do Rio Negro, rexión do Alto Río Negro, Amazonas o 10 de xaneiro de 1974, e finado en Manaus, Amazonas o 19 de abril de 2020, foi un investigador, escritor e activista indíxena brasileiro.
Traxectoria O seu pai era baniwa e a súa nai tucano. Baniwa era un empregado da Fundación de Vixilancia da Saúde (FVS), da Secretaría de Saúde do Estado do Amazonas (SUSAM). Baniwa foi recoñecido como un dos líderes na defensa da saúde indíxena.
O 19 de abril de 2020, Aldevan Baniwa faleceu aos 46 anos por mor da COVID-19, na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) da Fundación de Medicina Tropical do Amazonas, en Manaus. Era pai de dúas fillas, Kaina e Win.
Obras seleccionadas miniatura|dereita|300px|Aldevan Baniwa no Instituto Socioambiental co seu libro Brilhos na Floresta (2019). Ishikawa, Noemia Kazue; Takehide Ikeda, Aldevan Baniwa & Ana Carla Bruno. 2019. Brilhos na Floresta. Manaus: Editora Valer; Editora INPA (Instituto Nacional de Pesquisas da Amazônia).
Premios 62º Prêmio Jabuti (Eixo Inovação: Fomento à Leitura) - Finalista
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Projeto Aldevan Baniwa na Biblioteca Dixital Curt Nimuendajú
Categoría:Nados en 1974 Categoría:Activistas do Brasil Categoría:Escritores do Brasil Categoría:Finados en 2020 Categoría:Finados pola COVID-19 no Brasil Categoría:Indixenistas de América