A zeatina é unha citoquinina derivada da adenina, que aparece nas formas isómeras cis e trans e conxugados. A zeatina descubriuse en grans de millo inmmaduros do xénero Zea. Promove o crecemento de xemas laterais e orixina plantas máis frondosas.

Distribución A zeatina e os seus derivados aparecen en moitos extractos de plantas e son os ingredientes activos no leite de coco, que causan o crecemento das plantas.

A 6-(γ,γ-dimetilalilamino)purina é un precursor da zeatina.

Aplicación A zeatina ten diversos efectos como: Promove a iniciación do calo cando se combina coa auxina, concentración 1 ppm. Promove a maduración dos froitos. Zeatina a 100 ppm + GA3 500 ppm + NAA 20 ppm, aplicada en spray no día 10ª, 25ª e 40ª despois da floración. Retarda o amarelecemento dos vexetais, 20 ppm, en spray. Causa o crecemento de talos auxiliares e flores.

A zeatina pode aplicarse tamén para estimular a xerminación das sementes e o crecemento de plántulas.

A zeatina tamén promove a resistencia do tabaco contra o patóxeno bacteriano Pseudomonas syringae, na cal a zeatina trans ten un efecto máis pronunciado que a cis.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Citoquininas

Categoría:Hormonas vexetais Categoría:Purinas