David Thomason Alexander, nado en Brooklyn, Nova York, o 1 de xuño de 1940, é un autor e editor numismático estadounidense.
Traxectoria David T. Alexander e o seu irmán John comezaron a coleccionar moedas na súa infancia, en 1949, cando a súa familia se trasladou a Florida desde Nova York. Alí, ambos afiliáronse ao Miami Coin Club en 1953 e a Florida United Numismatists en 1955.Homren, W. (2010)."David T. Alexander joins Heritage Auctions New York office as senior numismatist", En Coins Weekly. 3 de maio de 2012.
David cursou os seus estudos superiores na Universidade de Miami en Coral Gables (Florida), onde se graduou en 1961 e acadou o mestrado en 1962. Posteriormente realizou estudos de posgrao na Universidade de California nos Ánxeles, entre 1962 e 1963.
Inmediatamente despois da súa graduación foi nomeado director do Museo Histórico do Sur de Florida, cargo que ocupou de 1963 a 1974.
A súa carreira como autor numismático comezou en 1963, escribindo para as publicacións da Society for International Numismatics, e a súa relación co mundo da edición numismática comezou en 1974, cando ingresou na revista Coin World como redactor e editor internacional, posto que mantivo ata 1981.
Desde 1975 exerceu tamén como editor executivo de Numismatic Scrapbook. En 1981 ingresou na división editorial de Johnson & Jensen e tamén foi nomeado editor de The Shekel. En 1983 foi contratado por Kagin's, e en 1984 fundou e dirixiu Alexander Numismatic Services.
En 1990 incorporouse ao cadro da compañía de poxas numismáticas Stack's como catalogador.
No ámbito asociativo, Alexander é membro da American Numismatic Societry (ANS) e da American Numismatic Association (ANA), entidade esta da que foi nomeado historiador en 1998 e en cuxo xornal, The Numismatist, foi un colaborador habitual. Tamén foi membro fundador de Medal Collectors of America en 1998, e entre agosto de 1982 e agosto de 1990 foi o director executivo do Gremio Literario Numismático dos estados Unidos, ao que pertence desde 1975. Entre 2005 e 2006 presidiu o Club Numismático de Nova York.
En 2012, Alexander vinculouse como experto numismático á compañía de poxas numismáticas Heritage Auctions.
Ao longo da súa carreira colaborou con diversas publicacións periódicas do ámbito numismático, como COINage, First Strike, FUN Topics, Numismatic News ou PNG Report, e mantivo unha columna en Coin World titulada The Research Desk.Smith, P. (2012). Páxina 9.
Vida familiar David T. Alexander casou con Debra Lee Price, quen faleceu en 1974. O 3 de decembro de 1977 casou en segundas nupcias con Patricia Ann LaBranche; ambos tiveron dous fillos adoptados.
Recoñecementos 1987: Premio Clemy, Numismatic Literary Guild (NLG).Smith, P. (2012). Páxina 8. "The Clemy Award Winners ". Numismatic Literary Guild. 1990: Medalla de prata da Society for International Numismatics. 1995: Premio Embaixador Numismático, de Florida United Numismatists (FUN)."Numismatic Ambassador Award Winners". Florida United Numismatists (FUN). 1999: Premio Glenn Smedley Memorial, da American Numismatic Association (ANA). 2000: Medalla ao Mérito da ANA."American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association. 2010: Premio Burnett Anderson Memorial, da ANA, a American Numismatic Society (ANS) e o Numismatic Literary Guild (NLG)."David Alexander receives the Burnett Anderson Memorial Award". En The E-Sylum. 8 de agosto de 2010. 2011: Premio Literario da Token and Medal Society."TAMS Literary Award". Tokenandmedal.org 2013: Numismático do Ano, pola ANA. 2021: Incluído na listaxe das persoas máis influentes en numismática en 1960-2020, pola revista Coin World."David Thomason Alexander". En The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. Páxina 8. 2021: Medalla á Traxectoria, da ANA.
Publicacións Estas son algunhas das monografías máis salientables das publicadas por David T. Alexander ao longo da súa carreira.
1990. Coin World Comprehensive Catalog and Encyclopedia of United States Coins. World Almanac Books. ISBN 9780886874834 2006. Old Magazines. Identification & Value Guide. Collector Books. ISBN 9781574325010 2009. An Island of Civility. The Centennial History of the New York Numismatic Club. 1908/09 - 2008/09. New York Numismatic Club. ISBN 9780615329628 2010. American Art Medals, 1909-1995.The Circle of Friends of the Medallion and the Society of Medalists. American Numismatic Society. ISBN 9780897223171 2019. Medals of the Hall of Fame for Great Americans at New York University. ISBN 9781078122108 2020. A Napoleonic medal primer. ISBN 9798359099264
Notas
Véxase tamén Bibliografía Homren, W. (2010). "David Alexander receives the Burnett Anderson Memorial Award". En The E-Sylum Vol. 13. Nº 32. 8 de agosto. Smith, P. (2012). "Alexander, David Thomason". En American Numismatic Biographies. Páxinas 8-9. "David T. Alexander joins Heritage Auctions New York office as senior numismatist". En Coins Weekly. 3 de maio de 2012. "David Thomason Alexander". En The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. Páxina 8.
Categoría:Nados en 1940 Categoría:Nados en Brooklyn Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co premio Burnett Anderson Memorial Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Editores Categoría:Coleccionistas Categoría:Alumnos da Universidade de Miami Categoría:Alumnos da Universidade de California, Os Ánxeles Categoría:Personalidades sen imaxes