Rosa Romero Franco, nada en Dodro en 1961, é a directora da Escola Politécnica Superior de Lugo dende 2022.

Traxectoria Rosa Romero é doutora en ciencias biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela dende 1989.

A súa actividade investigadora está relacionada con dous campos de traballo. Entre os anos 1984 ao ano 1989, investigou no Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola, centrada no estudo da mineraloxía de chans e a súa influencia nas propiedades físicas e química dos chans.

A partir do ano 1990 e a súa incorporación como docente no departamento de Produción Vexetal, inicia unha nova actividade investigadora centrada inicialmente na malherboloxía e posteriormente no campo das a Etnobotánica e aproveitamentos secundarios do Bosque.

Notas

Categoría:Nados en Dodro Categoría:Nados en 1961 Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes