Kalush (estilizado como KALUSH) é un grupo de música rap ucraíno formado en 2019. O grupo está formado polo fundador e rapeiro Oleh Psiuk, o multiinstrumentista Ihor Didenchuk e o breakdancer MC KylymMen. Didenchuk tamén é membro da banda de electro-folk Go_A, que representou a Ucraína no Festival de Eurovisión 2021.

A comezos de 2021, o grupo lanzou o proxecto paralelo Kalush Orchestra, con Tymofii Muzychuk, Vitalii Duzhyk e Dzhonni Dyvnyy como membros adicionais. A diferenza da formación orixinal, Kalush Orchestra céntrase no hip hop mesturado con motivos populares e elementos da música tradicional ucraína. O 14 de maio de 2022, o grupo gañou o Festival de Eurovisión 2022 con 631 puntos, conseguindo a terceira vitoria de Ucraína na historia do festival coa canción "Stefania".

Membros miniatura|360px|Kalush Orchestra en Turín, de esquerda a dereita: Tab, Didenchuk, Muzychuk, Psiuk, MC KylymMen e Duzhyk. Membros actuais Oleh Psiuk (2019–presente) - rap Ihor Didenchuk (2019–presente) - instrumentais Vlad Kurochka (2022–presente) - breakdance (MC KylymMen)

Kalush Orchestra Tymofii Muzychuk (2021–presente) - voz, telenka Vitalii Duzhyk (2021–presente) - sopilka Dzhonni Dyvnyy (2021–2022, 2022–presente) - coros Sasha Tab (2022–presente) - coros

Membros no pasado Daniil Chernov (2019–2022) - breakdance (MC KylymMen)

Discografía Álbums Título Detalles Estrea: 19 de febreiro de 2021 Selo: Columbia Formato: CD, LP, descarga dirital (feat. Skofka) Estrea: 23 de xullo de 2021 Selo: Columbia Formato: CD, LP, descarga dixital

Notas

Categoría:Grupos musicais formados en 2019 Categoría:Grupos musicais de Ucraína Categoría:Gañadores de Eurovisión Categoría:Representantes de Ucraína en Eurovisión