Raimundo António de Bulhão Pato, nado en Bilbao o 3 de marzo de 1828 e finado no Monte da Caparica o 24 de agosto de 1912 coñecido como Bulhão Pato, foi un poeta, ensaísta e memorialista portugués, membro da Real Academia das Ciencias de Lisboa.Academia das Ciencias de Lisboa. Actas e pareceres. Classe de Sciencias Moraes, Politicos e Bellas Letras (Segunda Classe, 24 de outubro de 1912, p.2. As súas Memorias, escritas en ton íntimo e nostálxico, resultan interesantes polas informacións biográficas e históricas que achegan, retratando o ambiente intelectual portugués da última metade do século XIX.
Traxectoria Fillo de Francisco de Bulhão Pato, poeta e fidalgo portugués, e da bilbaína María de la Piedad Brandy, o poeta naceu no País Vasco, e pasou os seus primeiros anos en Deusto. Foi a época dos dous primeiros cercos de Bilbao (en 1835 e 1836), durante a Primeira guerra carlista. En 1837, despois de pasar grandes inconvenientes, a súa familia decidiu retirarse a Portugal.
En 1845, o mozo Raimundo António matriculouse na Escola Politécnica, pero non rematou o curso. Dados biográficos. Bulhão Pato. (Raimundo António de) Gañou a vida como oficial da Dirección Xeral de Comercio e Industria. Era afeccionado ás viaxes, a gastronomía e ás veladas literarias, en compañía de intelectuais como Alexandre Herculano, Almeida Garrett, Rebelo da Silva ou Gomes de Amorim. Xunto a outras figuras importantes da sociedade portuguesa da época, proporcionou receitas para a obra O cozinheiro dos cozinheiros, editada en 1870."O Cozinheiro dos Cozinheiros" en ed. electrónica (portugués)
Adheriuse á moda ultraromántica, engadindo elementos folclóricos e descricións de escenas e tipos populares, nunha linguaxe viva e coloquial. O poema narrativo Paquita, que foi reeditado sucesivamente entre 1866 e 1894 e que o fixo famoso, xa parece presaxiar un certo realismo, mentres que a súa poesía satírica reflicte certa preocupación social.
En 1850, publicou o seu primeiro libro, Poesias de Raimundo António de Bulhão Pato ; en 1862 apareceu o segundo, Versos de Bulhão Pato, e, en 1866, o poema Paquita. Despois, en 1867, publicáronse Canções da Tarde; en 1870 as Flores agrestes; en 1871 as Paizagens, en prosa; en 1873 os Canticos e sátiras; en 1881 o Mercader de Veneza; en 1879 Hamlet, tradución ao portugués das traxedias de William Shakespeare e Ruy Blas de Victor Hugo. En 1881 seguiron outras publicacións: Satyras, Canções e Idyllios ; o Livro do Monte, en 1896.
Para teatro só escribiu unha comedia en un acto, Amorvirgin n'uma peccadora, posta en escena no Teatro D. María II en 1858 e publicada ese mesmo ano.
Colaborou con diferentes publicacións periódicas, a saber: xornal A Época (1848-1849) fundado e dirixido por Andrade Corvo xunto con Rebelo da Silva ; Revista do Conservatório Real de Lisboa (1902), Pamphletos (1858), Ilustração portuguesa (1884-1890) A Semana de Lisboa (1893-1895), Revista Peninsular, Gazeta Literária do Porto (1868), Revista Universal Lisbonense , Branco e Negro (1896-1898) e Brasil-Portugal , Tardes (1901-1911), Ilustración Luso-Brasileira (1856-1859) e na Revista Contemporânea de Portugal e Brasil (1859-1865), Tiro civil (1895-1903) entre outras.
Debido ao seu ultraromanticismo, influenciado por Lamartine e Byron, e ás súas habilidades culinarias, Bulhão Pato cría que serviu de inspiración a Eça de Queirós na composición do personaxe —un tanto caricatural— do poeta Tomás de Alencar, que aparece en Os Maias (1888).Bulhão Pato. en Infopédia. Porto: Porto Editora, 2003-2012. Ao crerse retratado na novela —que Eça negou, nunha deliciosa carta ao xornalista Carlos Lobo d'Ávila —, Bulhão Pato parece estar furioso e, en resposta, escribiu as sátiras "O Grande Maia" (1888) e "Lázaro Cónsul" (1889). Os Maias - Críticas citi.pt
Obras
Poesias de Raimundo António de Bulhão Pato (1850) Versos de Bulhão Pato (1862) Digressões e Novelas (1864)Textos en prosa da xuventude do autor editados en imprensa e aquí recollidos en libro. Reeditado en 2004 pola editora artemágica editores Paquita (1866) A José Estevão (1866) Canções da Tarde (1867) Flôres agrestes (1870) Paizagens (1871) Canticos e satyras (1873) Sob os Ciprestes: Vida intima de homens illustres (1877) Hamlet (tradución) (1879) Mercador de Veneza (tradución) (1881) Satyras (1896) Canções e Idyllios (1896) Livro do Monte (1896) Memórias (1894-1907)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Retrato de Bulhão Pato Ameixas á Bulhão Pato (Amêijoas à Bulhão Pato) Jardim Bulhão Pato
Ligazóns externas Sob os Ciprestes (edición dixital)
Categoría:Poetas de Portugal Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Finados en 1912 Categoría:Nados en 1828