PCX (de PiCture eXchange) é un formato de imaxe dixital que usa a forma simple da codificación run-length (un tipo de compresión sen perdas).

Desenvolvido por Zsoft Corporation de Marietta, Xeorxia (Estados Unidos), foi o formato nativo para o programa Paintbrush de PC, o cal foi un dos primeiros programas de gráficos populares que funcionaban baixo DOS nos primeiros PC. A súa popularidade tamén se debe a que era un dos formatos empregados polo Deluxe Paint, xunto co ILBM.

A maioría dos arquivos PCX usa unha paleta de cor indexada, pero o formato foi ampliado para permitir imaxes de 24 bits. PCX foi bastante popular en sistemas baixo DOS ou Windows, pero actualmente é pouco común, e foi en boa parte substituído por formatos con mellor compresión e prestacións, tales como o PNG ou o JPEG.

Este algoritmo de compresión é moi rápido e emprega moi pouca memoria, pero non é moi eficiente especialmente en fotografías.

Estrutura do PCX Estrutura xeral Cabeceira (128 Bytes) Imaxe bruta Paleta (opcional, só 256 colores)

Cabeceira

Posición Bytes Significado 0 1 Identificación: 10 (0AH) = arquivo PCX 1 1 PCX-File Version:0 = Versión 2.52 = Versión 2.8 con Paleta3 = Versión 2.8 paleta por defecto4 = Windows sen paleta5 = Versión 3.0 ou superior 2 1 Codificación0 = ningunha1 = RLE 3 1 Bits por Pixel 1 - Monocromo 4 - 16 cores 8 - 256 cores 24 - 16.7 millóns de cores ou truecolor 4 8 Coordenadas da imaxeXMIN, YMIN, XMAX, YMAX 12 2 Resolución horizontal en ppp (puntos por polgada) 14 2 Resolución vertical en ppp (puntos por polgada) 16 48 Mapa de cores coa definición da paleta.Organizado en campos bytes de 16*3 64 1 Reservado 65 1 Cantidade de planos, max. 4 66 2 Bytes por liña de imaxe (o ancho da imaxe en bytes) 68 2 Información da paleta1 = cor2 = Escala de grises 70 2 Anchura real en pixeles 72 2 Altura en píxeles 74 54 Bytes de recheo.

Véxase tamén Ligazóns externas Formato PCX ZSoft PCX Technical Reference Manual

Categoría:Formatos gráficos