Pitões das Júnias é unha parroquia portuguesa do concello de Montalegre, cunha superficie de 36,89 km² e 151 habitantes (censo de 2021). A súa densidade de poboación é de 4,1 hab./km².

Descrición A 1200 metros sobre o nivel do mar, cos cumios de Xurés ao oeste e noroeste, e a meseta da Mourela ao leste e nordés, Pitões das Júnias é unha das aldeas máis visitadas do concello de Montalegre. Ademais da rica fauna e flora, ofrece rotas de sendeirismo polos distintos lugares da aldea, destaca o Mosteiro de Santa Maria de Pitões das Júnias, e a fervenza de río Campesiño. E perpetúa tradicións que non se atopan noutro lugarGuia Visão Portugal Inesquecível (2008), pág. 28..

A meirande altitude da parroquial é de 1103 m, o que fai que sexa unha das vilas máis altas de Portugal, xunto con Gralheira na Serra de Montemuro.

Demografía A poboación rexistrada nos censos era:

Distribución da poboación por grupos de idade Ano 0-14 anos 15-24 anos 25-64 anos > 65 anos2001 30 36 98 372011 11 19 84 472021 9 10 67 65

Patrimonio

Mosteiro de Santa María das Júnias (igrexa e ruínas), é Patrimonio Nacional Igrexa de San Rosendo Capela do Anxo da Garda Capela de São João da Fraga Fervenza de Pitões das Júnias Rastros da Aldea de São Vicente do Gerês

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Freguesías de Montalegre