A placa de Amiadoso é unha placa decorativa de mármore que puido formar parte dunha pilastra romana, as diferentes caras están datadas entre o século II e o século IX, consérvase no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Características Atopouse en Amiadoso (San Martiño de Pazó, Allariz) grazas ao estudo de Xaquín Lorenzo. Resulta unha peza sorprendente polo feito de ter decoradas tódalas súas caras, seis, como resultado da reutilización da mesma. Ademais, esta peza resulta pola talla, tema e execución un dos mellores exemplos da plástica romana en Galicia; tallada en mármore de tipo local, veado en azul, coñecido coma mármore do Incio ou de Braganza.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Crismón de Quiroga
Categoría:Arqueoloxía en Galicia Categoría:Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense Categoría:Allariz Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes Categoría:Allariz sen imaxes Categoría:Ourense sen imaxes Categoría:Obxectos arqueolóxicos