miniatura|dereita|240px|Raposa do aire, interpretación segundo unha intelixencia artificial. A raposa do aire é un ser imaxinario propio da mitoloxía galega. Case nunca ten forma visible senón que é un berro dunha alma en pena, un ladrido, un ouveo con forma de raposa que bota bafaradas de lume pola boca e polos ollos.Descríbese como unha alma en pena con forma de raposa, unha ánima que pena os seus pecados porque fixera algunha boa obra e por iso se lle permitiu seguir na terra facendo penitencia. Pode ter voz de diferentes animais, e mesmo de gargalladas ou laios de neno.
Quen di ter vista a raposa conta que é como unha raposa que voaIso asegúrase. como tal, en Bermés (Lalín). ou un paxaro de tamaño medio, totalmente negro. Pero tamén se di que ten forma de cadela, ou dun híbrido de corpo de cadela e cabeza de galo, capaz de andar por terra e por aire. Cando se ve se pode escorrentar rezando un credo,Isto é o que máis a ofende. botándolle un cacho de pan benditoAsí, en Entrimo, onde din que se trata dun cadeliño. ou dicíndolle: "Deus te leve a porto salvo";Esta mención de a porto salvo fai pensar a Risco que se trate dunha lenda mariñán, unha lenda tecida polos mariñeiros. entón, a raposa fuxe botando lume polos ollos. Certos comportamentos poden explicar esta confusión nas descricións, como é a rapidez coa que se move dun sitio a outro (os observadores contan que se botan unha pedra cara onde se escoita o berro, este escóitase axiña noutra banda), o que pode interpretarse como que se move voando; tamén o feito de que pareza moverse incansablemente dunha terra a outra.
Preséntase na porta dos defuntos de alma moura (usureiros, caciques) e agarda por eles para llos levar ao demo. Cando berra, xa está morta a persoa de que se trate.
Nomes Tamén se coñece como raposa facheira, raposa de Morás,Que Risco localiza polas terras da Cruña. das Mordazas, das Mordanzas, do Morrazo, dos morganzos,Que Vaqueiro localiza na Ribeira de Piquín. dos mornacos,Que Risco localiza en Vilanova dos Infantes. de morrazos, de morillas,Que Vaqueiro localiza en Padrón. cabra ou zorra que canta coma un galo,Que Risco localiza por Verín e que representa como un u u cacaracá, u u cacaracá; en Verín engaden que é un ser invisible. entre outros. A raposa facheiraDenominación localizada na Raia Seca e na Gudiña. recibe o seu nome polo lume que bota pola boca.
Pode confundirse coa cadela peregrina, a cabra do aire ou co paxaro da morte. Para Risco trátase dun mesmo ser: "unhas veces din que é raposa, outras cabra, outras cadela". En calquera caso, tamén engade que, chámese como se chame, "pode non ser un ser mítico, sinón un animal de certo, de especie coñecida. Moitas veces é, ou confúndese, coa curuxa o moucho, o corvo ou a pega. A raposa mesma anuncia a morte, por eixemplo, cando ri".Vicente Risco, px. 307.
Na tradición oral Nos fondos documentais que forman o Mapa sonoro de Galicia atópase unha narración recollida de 1993 que fala sobre a "raposa dos morrazos". A informante é unha labrega anciá de Soutullo (Erbecedo, Coristanco) que relata o seguinte:
Notas
Véxase tamén Bibliografía
RISCO, Vicente: "Etnografía: cultura espiritual", en Historia de Galiza, dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Ed. Nós, Bos Aires 1962, tomo I, pp. 305-306. VAQUEIRO, Vítor: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres''. Ed. Galaxia, Vigo 2011.
Outros artigos Mitoloxía galega
Categoría:Mitoloxía galega