Your Place or Mine é un filme estadounidense de 2023 escrito e dirixido por Aline Brosh McKenna, no seu debut na dirección. Está protagonizado por Reese Witherspoon (quen tamén é a produtora) e Ashton Kutcher, que interpretan dous amigos que deciden cambiar de casa durante unha semana. Jesse Williams, Zoë Chao, Wesley Kimmel, Tig Notaro e Steve Zahn compoñen o resto do elenco. O filme estreouse en Netflix o 10 de febreiro de 2023 con subtítulos en galego.
Personaxes Reese Witherspoon como Debbie Dunn Ashton Kutcher como Peter Coleman Zoë Chao como Minka Jesse Williams como Theo Martin Wesley Kimmel como Jack Tig Notaro como Alicia Steve Zahn como Zen Rachel Bloom como Scarlet Griffin Matthews como Professor Golden Vella Lovell como Becca Shiri Appleby como Vanessa
Produción Desenvolvemento O filme anunciouse en maio de 2020 con Netflix como distribuidora, e declarouse que estaría protagonizado por Reese Witherspoon e que sería dirixido e escrito por Aline Brosh McKenna, no seu debut como directora.
Notas
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes ambientados nos Ánxeles Categoría:Filmes de 2023 con versión en galego