Anne Tuomanen, nada o 15 de abril de 1987 en Jyväskylä (Finlandia), é unha xogadora finlandesa de hóckey sobre xeo que xogou na máxima categoría do hóckey feminino finlandés durante 15 anos e foi internacional con Finlandia. Xogaba como ala. Dende 2025 xoga no Kiekko-Ahma Naiset da Naisten Suomi-sarja, a terceira categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés.
Traxectoria Campionato finlandés Na máxima categoría Tuomanen vestiu a camisola das Cats entre 2002 e 2007, HPK nos períodos 2009–2011 e 2015–2016, e Ilves nos períodos 2011-2015 e dende a tempada 2016–17 ata a súa retirada en 2019. Na máxima categoría xogou máis de 363 partidos na liga regular e 75 nos play-offs, rexistrando 134 goles e 160 asistencias na liga regular e 14 goles e 19 asistencias nas series. Gañou o campionato finlandés en 2011 co HPK de Hämeenlinna, formando parte do primeiro equipo que recibiu a Aurora Borealis Malja. así como catro medallas de prata e dous bronces.
Tuomanen foi seleccionada no equipo das estrelas da SM-sarja na tempada 2010-11.
Selección finlandesa Coa selección finlandesa, Tuomanen xogou 76 partidos nos que anotou seis goles e repartiu cinco asistencias. Participou nos Campionatos do Mundo de 2011 e 2013, gañando a medalla de bronce no primeiro deles.
En 2011 gañou a medalla de prata na Universíada de inverno. As xogadoras finlandesas chegaron á final logo de derrotar á selección eslovaca nas semifinais por 5-1. Finalmente na final o equipo nórdico caeu por 4-1 nun partido no que Tuomanen asistiu no único gol do seu equipo. Ese mesmo ano Tuomanen formou parte da selección finlandesa na prestixiosa Nations Cup, contrubuíndo cunha asistencia nos tres partidos que disputou.
Hóckey liña Ademais da súa carreira como xogadora de hóckey sobre xeo, Tuomanen desempeñouse como xogadora de hóckey liña, modalidade na que gañou o bronce no Campionato de Europa de 2017 coa selecciónn finlandesa logo de derrotar a Italia no partido polo bronce. Esta foi a primeira medalla na historia do combinado finlandés de hóckey liña nun europeo. Tuomanen tivo un papel destacado na vitoria, sumando un gol e unha asistencia.
Notas
Referencias
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Jyväskylä Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo de Finlandia Categoría:Xogadoras do HPK Kiekkonaiset Categoría:Xogadoras do Ilves Naiset Categoría:Xogadoras do Kiekko-Ahma Naiset