Satya Nadella (en telugu: సత్య నాదెళ్ల;), nado en Hyderabad o 19 de agosto de 1967, é un empresario indio, o actual director executivo (CEO) de Microsoft. Foi nomeado CEO o 4 de febreiro de 2014 por Bill Gates, sucedendo a Steve Ballmer. Traxectoria Formación Nadella obtivo unha licenciatura en Ciencias da Computación pola Universidade de Wisconsin-Milwaukee e un MBA pola Booth School of Business da Universidade de Chicago."10 Things to Know About Satya Nadella, Microsoft's New CEO". Time. 4 de fevereiro de 2014.
Carreira profesional Satya Nadella traballou con Sun Microsystems como membro do seu equipo tecnolóxico antes de unirse a Microsoft en 1992.Satya Nadella é o novo CEO da Microsoft - CRN (en portugués) Foi o antigo vicepresidente de computación na nube (cloud) de Microsoft. Dirixiu ferramentas de desenvolvemento e servizos na nube como Windows Azure, Windows Server, SQL Server, Visual Studio e System Center dos que dependían para funcionar servizos como Bing, SkyDrive (actualmente OneDrive), Xbox Live e Skype. Tamén foi vicepresidente de Investigación e Desenvolvemento da División de Servizos en liña e Vicepresidente da División de Negocios.
"O risco de irrelevancia é o principal desafío ao que se enfrontará Nadella como CEO de Microsoft. A empresa corre este risco no mercado da mobilidade, porque aínda está moi asociado aos ordenadores e servidores, que cada vez teñen menos importancia para os consumidores”, sinalou James Staten, vicepresidente da consultora Forrester Research, á páxina web de VEJA. "Despois de que Nadella se incorporase aos servizos na nube, Microsoft obtivo excelentes resultados porque rapidamente introduciu versións máis modernas dos seus servizos principais (...) Unha característica de Nadella é investigar moito antes de optar por un camiño. Despois diso, non retrocede".
Entre os principais éxitos de Nadella está a substitución de Hotmail por Outlook.com, que tivo lugar en agosto de 2013. Segundo Microsoft, Outlook.com é o servizo de correo electrónico de máis rápido crecemento no mundo, con máis de 400 millóns de usuarios rexistrados.
Vida persoal En 1992, Satya Nadella casou con Anupama, estudante de Arquitectura. A parella tivo un fillo e dúas fillas, e viviron en Clyde Hill e Bellevue no Estado de Washington. O seu fillo Zain era cego e tetrapléxico con parálise cerebral. Zain morreu en febreiro de 2022, aos 26 anos.
Desde rapaz, Nadella ten unha paixón polo crícket, xa que xogou no seu equipo escolar. El e a súa esposa Anupama son co-propietarios do Seattle Sounders FC, un club da Major League Soccer.
Nadella é un ávido lector de poesía americana e india. Escribiu un libro titulado Hit Refresh que explora a súa vida, a súa carreira en Microsoft e como cre que a tecnoloxía dará forma ao futuro. Anunciou que os beneficios do libro irían a Microsoft Philanthropies e, mediante iso, a organizacións sen ánimo de lucro.
Notas
Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados na India Categoría:Empresarios do sector tecnolóxico Categoría:Empresarios do sector de telecomunicacións