Bolhrad (en ; en romanés, Bolgrad ) é unha cidade do sur de Ucraína, a capital do raión de Bolhrad, na provincia de Odesa. A poboación é de 15.499 persoas (estimación de 2015).

Historia esquerda|miniatura| Catedral A cidade de Bolhrad foi fundada en 1821 por colonos búlgaros en Besarabia, baixo a dirección do xeneral Ivan Inzov, quen é reverenciado polos veciños de Bolhrad como o "fundador da cidade".Куемжи, Мария, Болградский Историко-Этнографический Музей (Bolhrad, Oblast de Odesa, Ucraína; Фонд им. И.Н. Инзова, 2007)

Bolhrad formou parte de Moldova (1856-1859), Romanía (1859-1878; 1918-1940; 1941-1944), máis tarde incorporada á Unión Soviética e, desde a disolución da URSS, parte de Ucraína.

Economía Desde 1920, Bolhrad ten unha fábrica de carbón.

Educación O instituto Georgi Sava Rakovski, fundado en 1858, é o instituto máis antigo do rexurdimento nacional Búlgaro.

Demografía A poboación de Bolhrad é de arredor de 15000 habitantes (2015). É a cidade natal de Petró Poroshenko, ex-presidente de Ucraína.

Poboación de Bolhrad en diversos censos 1930 - 14.280 1941 - 10.713 Publikationstelle Wien, Die Bevölkerungzählung in Rumänien, 1941, Viena 1943 1989 - 18.093 2001 - 17.353 2004 - 17.082 2005 - 16.302 2011 - 15.479 2015 - 15.499

Linguas

No censo de 2001, as linguas máis faladas eran:

ruso (48,70% da poboación) búlgaro (32,65%) ucraíno (13,92%) gagauz (2,00%) romanés (1,15%) outras linguas (0,43%).

miniatura| A igrexa de San Mitrofan Monumentos e lugares de interese Catedral da Transfiguración Igrexa de San Nicolás Igrexa de San Mitrofan Parque Pushkin

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio do instituto de Bolhrad

Categoría:Cidades de Ucraína