O plesiosauro foi un gran réptil mariño fósil, un xénero da orde Plesiosauria.
Historia O primeiro exemplar descuberto por Mary Anning en 1820 non tiña o seu cranio. Atopouno na "Costa Xurásica" (Jurassic Coast) de Lyme Regis, Dorset, Inglaterra. En 1823 atopou outro, esta vez completo co seu cranio. O nome Plesiosaurus foi dado polo xeólogo e paleontólogo rev. William Conybeare.
Paleontoloxía miniatura|200x200px| Ilustración dun dos achados de Anning: Plesiosaurus macrocephalus|esquerda O plesiosauro era un depredador, que vivía principalmente de peixes e belemnites. Posibelmente nadaba por bancos de peixes e usaba o seu longo pescozo e os seus dentes afiados para rompelos.
O Plesiosaurus era un membro bastante típico da súa orde, e medía entre 3 e 5 metros (10 a 16 pés) de lonxitude total. O fociño era curto, pero as mandíbulas podían abrirse moi amplamente, e tiñan unha serie de dentes cónicos nas cavidades. O pescozo era bastante longo e a cola curta usábase para dirixir. Como todos os plesiosauros, utilizaba as súas grandes aletas como remos para nadar.
Só se coñecen dúas especies, e o xénero existiu durante uns 25 millóns de anos desde o inicio do período xurásico.
Os científicos preguntáronse se os réptiles antigos como os pleisiosaurios eran de sangue quente ou de sangue frío. Científicos da Universidade de Plymouth estudaron moitos animais de diferentes tamaños, desde insectos até baleas que se mergullan e aguantan a respiración. Descubriron que os animais de maior tamaño poden aguantar a respiración máis tempo que os animais máis pequenos porque poden almacenar máis osíxeno. Tamén descubriron que esta diferenza era moito maior para os animais de sangue quente que para os de sangue frío. Dixeron que isto podería ser o motivo polo que as baleas se fixeron tan grandes. Pensan que, dado que os plesiosauros tamén eran grandes, como as baleas, tiñan máis probabilidades de ser de sangue quente que de sangue frío.
Os científicos tamén miraron as moléculas de fosfato dentro dos dentes dos plesiosauros e viron os isótopos de osíxeno que suxerían que foran de sangue quente.
Na cultura popular
Na película de 1975 The Land That Time Forgot, móstrase un plesiosauro atacando un submarino. Un dos personaxes principais do filme Carnosaurus (1984) era un plesiosauro. Jules Verne menciona un Plesiosaurus atacando a un Ichthyosaurus no seu libro Viaxe ao centro da Terra. Un Plesiosaurus foi representado en varios videoxogos, como a serie Turok, Zoo Tycoon e Minecraft. Na serie Zyuden Sentai Kyoryuger aparece un Mecha chamado Plezuon, que é un Plesiosaurus. Hai diversas lendas de monstros como o do lago Ness que formularon a hipótese de que fose un plesiosauro, e popularizou a criptozooloxía. O plesiosauro tamén foi suxerido como hipótese noutros monstros mariños.
Notas
Véxase tamén
Dinosauros Paleoarte Paleontoloxía Xurásico
Categoría:Xurásico Categoría:Fauna