Tribolium confusum é unha especie de escaravello tenebriónido, un dos que se coñece como escaravello da fariña (ver tamén Tenebrio molitor e Tribolium castaneum). É unha praga común que ataca a grans de cereais e fariñas almacenadas. É un dos insectos máis comúns e destrutuivos para os cereais e outros produtos alimenticios almacenados en silos, almacéns de comestibles e casas.
O seu nome científico específico, confusum, débese a que se confunde co Tribolium castaneum, que é moi parecido.Baldwin R, Fasulo TR. (2010). Confused flour beetle, Tribolium confusum Jacquelin du Val, and red flour beetle, Tribolium castaneum (Herbst). Featured Creatures. (15 de abril de 2010).
Descrición
T. confusum é moi similar en aspecto e hábitos a Tribolium castaneum e Tribolium destructor. Tanto T. castaneum coma T. confusum son pequenos, duns 3–6 mm de lonxitude e de cor marrón avermellado. A principal diferenza física distintiva é a forma das antenas: as antenas da especie confusum increméntanse gradualmente en tamaño e teñen catro mazas, mentres que en castaneum só teñen tres. Ademais, os castaneum adoitan voar a curtas distancias, cousa que confusum non fai. Tribolium destructor é moito máis escuro ca eles e menos común.
Ecoloxía Aínda que T. confusum e T. castaneum non poden alimentarse dos grans cereais completos non danados, é frecuente que aparezan en gran número nos grans infestados, alimentándose ao contrario de grans rotos, po de gran e outros alimentos que hai nas casas, como a fariña, arroz, froitos secos, noces e feixóns. Ambos as especies atópanse a miúdo non só en grans infestados, senón tamén en gretas, en despensas, adegas e lacenas. O dano que sofren os alimentos débese en parte á alimentación dos escaravellos, pero tamén polos seus corpos mortos, pelets fecais e secrecións fedorentas. Ademais de crear mal cheiro, a presenza dos escaravellos favorece o crecemento de mofos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Walter VE. 1990. 'Stored product pests'. Handbook of Pest Control (Story K, Moreland D. (eds.)). Franzak & Foster Co., Cleveland, OH. pp. 526–529.
Ligazóns externas Foto en primeiro plano en pbase.com As especies de Tribolium so difíciles de identificar. Velaquí catro especies xuntas. Nótese que varias especies de Tribolium poden aparecer á vez na mesma infestación.Colpolon
Categoría:Tenebriónidos Categoría:Animais descritos en 1863 Categoría:Organismos modelo