Os fengódidos (Phengodidae) son unha familia de escaravellos cuxas larvas e femias teñen órganos bioluminescentes. Viven en todo o Novo Mundo desde as partes máis meridionais do Canadá a Chile; porén, o grupo máis recentemente recoñecido como fengódido, o dos Cydistinae, vive no oeste de Asia. A familia Rhagophthalmidae, un grupo do Vello Mundo, adoitaba antes incluírse tamén en Phengodidae.
As larvas e femias larviformes destes insectos son predadoras, alimentándose de milpés e outros artrópodos que viven no solo e entre as follas caídas. Os machos alados, que son a miúdo atraídos polas luces de noite, teñen unha curta vida e probablemente non se alimentan. As femias son moito maiores que os machos e son completamente larviformes. Os machos poden ser luminiscentes tamén, pero as femias e larvas teñen sempre unha serie de órganos luminiscentes sobre segmentos do tronco que emiten unha luz amarela ou verde e ás veces un órgano adicional na cabeza que emite luz vermella, como nos Phrixothrix.
Esta familia distínguese dos tamén luminiscentes vagalumes (familia Lampyridae) no seu estadio larval.
Segundo algúns estudos recentes, Phengodidae podería incluír (ou ser un taxon irmán) o grupo dos Telegeusidae,ZARAGOZA-CABALLERO & ZURITA-GARCÍA (2015) A preliminary study on the phylogeny of the family Phengodidae (Insecta: Coleoptera). Zootaxa 3947: 527–542. que se diferenciaron dos fengódidos polas modificacións pouco comúns das súas pezas bucais; o grupo dos Telegeusidae foi tratado como unha familia, pero máis recentemente foron tratados como unha subfamilia dentro da familia Omethidae.ROZA, André Silva; CONSTANTIN, Robert; MERMUDES, José Ricardo Miras. Pseudotelegeusis meloi sp. nov., the first Telegeusinae from Peru (Coleoptera: Omethidae, Telegeusinae). European Journal of Taxonomy, [S.l.], n. 580, nov. 2019. ISSN 2118-9773. Available at: <https://europeanjournaloftaxonomy.eu/index.php/ejt/article/view/809>. Acceso: 6 de decembro de 2019. doi:https://doi.org/10.5852/ejt.2019.580. miniatura|Larva ou femia luminescente.
Xéneros
Acladocera Adendrocera Brasilocerus Cenophengus Cephalophrixothorax Cydistus Decamastinocerus Distremocephalus Eurymastinocerus Euryognathus Euryopa Howdenia Mastinocerus Mastinomorphus Mastinowittmerus Microcydistus Microphengodes Neophengus Nephromma Oxymastinocerus Paramastinocerus Paraptorthodius Penicillophorus Phengodes Phrixothrix Pseudomastinocerus Pseudophengodes Ptorthodiellus Ptorthodius Spangleriella Steneuryopa Stenocladius Stenophrixothrix Taximastinocerus Zarhipis
Notas
Véxase tamén Bibliografía Sean T. O'Keefe, "Phengodidae", en Ross H. Arnett, Jr. and Michael C. Thomas, American Beetles (CRC Press, 2002), vol. 2
Ligazóns externas Phengodidae in J. F. Lawrence, A. M. Hastings, M. J. Dallwitz, T. A. Paine and E. J. Zurcher (2000 onwards). Elateriformia (Coleoptera): descricións, ilustracións, identificación e información de familias e subfamilias. Phengodidae na páxina web de UF / IFAS Featured Creatures
Categoría:Elateriformia