miniatura|324x324px|A excongresista dos Estados Unidos, Marcia Fudge, sostendo unha camiseta coa frase "Stay Woke: Vote" en 2018|alt=Persoa afroamericana sostendo unha camisola que pon "Stay woke, vote" Woke («esperto» en inglés) é un termo, orixinario dos Estados Unidos, que inicialmente se usaba para referirse a quen se enfrontan ou se manteñen alerta fronte ao racismo. Posteriormente, chegou a abarcar unha conciencia doutras cuestións de desigualdade social, por exemplo, en relación co xénero e a orientación sexual. Desde finais da década de 2010, tamén se utilizou como un termo xeral para os movementos políticos progresistas e/ou de esquerda e perspectivas que salientan a política identitaria das persoas LGBT, da comunidade negra e das mulleres.

Para 2020, partes do centro político e a dereita en varios países occidentais usaban o termo woke, frecuentemente de maneira irónica, como forma de denominar a varios movementos e ideoloxías progresistas radicais ou de esquerda identitaria posmoderna percibidos como demasiado entusiastas, agresivos, axitadores, susceptíbeis ou pouco sinceros, e pola súa tendencia á censura de opinións discrepantes mediante a chamada cultura da cancelación. Á súa vez, algúns comentaristas chegaron a consideralo un termo ofensivo con asociacións negativas para quen promoven ideas políticas que involucran identidade e raza.

Para 2021, woke usouse case exclusivamente como pexorativo, e os usos máis destacados da palabra teñen lugar nun contexto despectivo. Aínda que, en galego non ten unha tradución asentada e xeralmente se usa o termo inglés sen máis, destacada en cursiva ou entrecomillada ao ser un extranxeirismo, en España chámanse espertas ás persoas que o seguen. A RAG non recolle a palabra. Unha tradución proposta pola RAE é concienciado.

Orixe e usos do termo A frase «stay woke» («mantente esperto») xurdiu nos Estados Unidos na década de 1930. Ao desenvolverse dentro do inglés afroestadounidense vernáculo, woke referiuse a unha conciencia dos problemas sociais e políticos que afectan aos afroamericanos, especialmente aos prexuízos raciais e a discriminación. Desta forma, apareceu en varios contextos, por exemplo, en cancións de Leadbelly e Erykah Badu. Tras o asasinato de Michael Brown en Ferguson, Missouri. En 2014, a frase foi popularizada por activistas de Black Lives Matter (BLM) que buscaban crear conciencia sobre os tiroteos policiais contra afroamericanos. A expresión popularizouse en Black Twitter e gañou tracción como un meme de Internet, utilizándose con frecuencia por persoas que non eran afroamericanas, para sinalar o seu apoio ao Black Lives Matter. Asociado coa xeración E, o termo estendeuse internacionalmente e agregouse ao Oxford English Dictionary en 2017.

A medida que o uso do termo se estendeu máis aló das súas orixes afroamericanos, woke utilizouse cada vez máis como un termo xeral para describir os movementos e ideoloxías de xustiza social de esquerda radical identitaria. Para 2020, persoas críticas destas posicións en varios países occidentais empezaron a usar o termo woke de maneira irónica como unha denominación dirixida a movementos e ideoloxías de esquerda identitaria percibidos como demasiado fanáticos ou insinceros, e tendentes a censurar de forma dogmática calquera desviación da súa perspectiva ideolóxica. Algúns movementos de esquerda chegaron a consideralo un termo ofensivo utilizado para denigrar a quen fan campaña contra a discriminación.

Coa extensión das accións de censura en redes sociais a contas de perfil conservador ou críticas coa imposición das posturas consideradas como «politicamente correctas» desde a esquerda, o termo «woke» pasa a ser despectivo, como sinónimo de «progre».

Capitalismo woke e woke-washing A mediados da década de 2010, a linguaxe asociada co "espertar" entrara nos principais medios de comunicación e estábase utilizando para mercadotecnia. O termo capitalismo woke foi acuñado polo escritor Ross Douthat para as marcas que usaban mensaxes politicamente progresistas como substituto dunha reforma xenuína. Segundo The Economist, os exemplos de capitalismo woke inclúen campañas publicitarias deseñadas para atraer aos millennials, quen a miúdo teñen puntos de vista socialmente máis liberais que as xeracións anteriores.

As científicas culturais Akane Kanai e Rosalind Gill describen o capitalismo woke como a tendencia "que se intensifica drasticamente" para incluír grupos historicamente marxinados (principalmente en termos de raza, xénero e relixión) como mascotas na publicidade, cunha mensaxe de apoderamento para sinalar valores progresistas. Por unha banda, Kanai e Gill argumentan que isto crea unha idea individualizada e despolitizada da xustiza social, reducíndoa a un aumento da confianza nun mesmo. Doutra banda, a visibilidade omnipresente na publicidade tamén pode amplificar unha reacción violenta contra a igualdade de precisamente estas minorías. Estes converteríanse en mascotas non só das empresas que os utilizan, senón tamén do indiscutíbel sistema económico neoliberal.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Hunt, Kenya (21 de novembro de 2020). "How 'woke' became the word of our era". The Guardian.

Outros artigos Cultura afroamericana Progre (adxectivo) Xustiza social

Categoría:Política Categoría:Xustiza Categoría:Americanismo