Os escirtoideos (Scirtoidea) son unha superfamilia de escaravellos polífagos. Considérase tradicionalmente que consta de catro familias: Clambidae, Decliniidae, Eucinetidae e Scirtidae. Porén, os estudos xenéticos suxeriron que Clambidae e Eucinetidae pertencen a unha familia separada, Clamboidea, que tamén integra a Derodontidae. Scirtoidea e Clamboidea son dúas das liñaxes de Polyphaga vivos que diverxeron máis temperanmente.

Tamén se asignaron a este grupo dúas familias extinguidas: † Mesocinetidae Kirejtshuk e Ponomarenko 2010, do Xurásico tardío-Cretáceo temperán (Asia) † Elodophthalmidae Kirejtshuk e Azar 2008, monotípica, atopado en ámbar libanés, do Barremiano

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Tree of Life

Categoría:Elateriformia