Guillermo Vázquez Núñez, nado en Catasol (Santa María de Melide, Melide) en 1884 e finado en Madrid o 24 de agosto de 1936, foi un frade mercedario, sacerdote e historiador galego. Traxectoria Iniciou o noviciado no Convento da Magdalena de Sarria, e fixo os votos sinxelos no mosteiro de Poio. Ordenouse sacerdote en Lugo en 1908. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Madrid, onde se licenciou en 1911 e se doutorou en 1917. Na Orde mercedaria foi Padre Provincial de la Provincia de Castilla (1914-1918), Comendador do Mosteiro de Poio (dende 1924) e Historiador de la Orden Mercedaria en la Provincia de Castilla. Foi académico correspondente da Real Academia Galega. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi asasinado en Madrid o 24 de agosto de 1936.El Correo Gallego, 24-9-1939, p. 4.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Persoeiros das letras de Melide
Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Asasinados polo bando republicano Categoría:Nados en Melide
Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1930 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Mercedarios de España