As Mulatas é un cadro de Di Cavalcanti, realizado en 1962. Considerada "emblemática" e "histórica", a obra fai parte do acervo en exposición na entreplanta do terceiro andar no Palacio do Planalto, Brasilia. O valor do cadro foi estimado en 8 millóns de reais.
A obra foi vandalizada no contexto das invasións terroristas de Brasilia en 2023, xuntamente con outras obras como Bailarina de Victor Brecheret e Araguaia de Marianne Peretti.
Aspectos En termos técnicos, o cadro reflecte o interese de Di Cavalcanti polo muralismo, en especial o mexicano. Tal interese é tamén observado na obra Músicos, parte do acervo do Palacio da Alvorada e igualmente avariado no ano 2020, en Brasilia.
Conceptualmente, a obra integra unha serie de cadros do pintor que retractan as figuras de mulatas, isto é, mulleres de cor. Na concepción de Di Cavalcanti, as representacións valorizan a brasilidade e a poboación brasileira. Neste caso, a valorización se dá por medio da figura das mulleres de cor.
Nome O nome As Mulatas non foi dado polo pintor, foi nomeado posteriormente por intermediarios ou coleccionadores, para facilitar a identificación da obra.
Notas
Categoría:Obras pictóricas de Di Cavalcanti Categoría:Obras pictóricas de 1962