Ningún de nós ha volver (en ) é unha novela da escritora francesa Charlotte Delbo. Trátase do primeiro de tres tomos que constitúen o libro titulado Auschwitz et après. Escribiuno en 1946 e foi publicado case vinte anos despois, en 1965. O seguinte tomo, Une connaissance inutile, publicouse en 1970 e o último, Mesure de nos jours, en 1971.
A autora, a través de capítulos breves que non seguen unha orde cronolóxica, relata a súa experiencia dende que foi deportada a Auschwitz en 1943 até a súa liberación. O libro está escrito en primeira persoa de plural, sendo o "nós" tanto as mulleres foron deportadas con Delbo dende Francia, como os prisioneiros polacos cos que simpatizaba ou os deportados xudeus destinados a morrer rapidamente.
Comezou a escribilo nun caderno uns seis meses despois de volver a Francia, tan pronto como mellorou de saúde.Émission Nous autres sur France Inter publicado o 25 de xaneiro de 2013. Pasou o manuscrito a limpo. e levouno consigo en tódalas viaxes que fixo durante vinte anos antes de decidirse a publicalo en 1965.
En marzo de 2022 foi traducido ao galego por Sergio Gómez Blanco e publicado pola editorial Rinoceronte.
Argumento Segundo Marie-Claude Vaillant-Couturier, que foi deportada con ela, Charlotte Delbo describe neste libro as impresións que tivo durante a súa deportación. Relata en particular as horas que pasaba de pé ao frío durante a revisión da lista, ou a anguria creada pola sede extrema que adoitaba sentir no campo de concentración.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Charlotte Delbo : une voix singulière de Nicole Thatcher, L'Harmattan, 2003
Ligazóns externas Ficha do libro na páxina de Rinoceronte Editora
Categoría:Obras literarias de 1965 Categoría:Obras literarias en francés Categoría:Obras traducidas do francés ao galego Categoría:Rinoceronte Editora