Jorge Riechmann Fernández, nado en Madrid o 24 de marzo de 1962, é un poeta, tradutor, ensaísta, matemático, filósofo, ecoloxista e doutor en ciencias políticas español. Como autor dunha extensa obra poética, está vinculado co grupo de poetas da poesía da conciencia e da xeración do oitenta ou postnovísimos.

Traxectoria Licenciouse en Matemáticas pola Universidade Complutense en 1986. Tamén estudou Filosofía na UNED (1984-1986) e literatura alemá na Universidade Wilhelm von Humboldt de Berlín Oriental (1986-1989). É doutor en Ciencias Políticas pola Universidade Autónoma de Barcelona cunha tese sobre o partido verde alemán. Desde 1990 até 2008 pertenceu ao departamento de Socioloxía e Metodoloxía das Ciencias Sociais da Universidade de Barcelona; desde 1995 foi profesor titular de filosofía moral na mesma.

Entre 1990 e 2003 foi redactor da revista de ciencias sociais e reflexión política Mentres tanto. De 1996 a 2008 formou parte do Departamento Confederal de Medio Ambiente do sindicato Comisións Obreiras, como responsable de biotecnoloxías e agroalimentación. Entre 1998 e 2005 dirixiu, xunto con José María Parreño, a colección de poesía Hoja por ojo na editorial valenciana Germanía.

Entre 2001 e 2008 foi investigador en cuestións ambientais do Instituto Sindical de Traballo, Ambiente e Saúde (ISTAS) de Comisións Obreiras. Tamén foi membro do Consello de Greenpeace de España entre 2002 e 2006. No curso 2008-2009 foi profesor convidado na Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid (UCM). En 2009 incorporouse ao Departamento de Filosofía da Universidade Autónoma de Madrid (UAM) como profesor titular de filosofía moral.

Milita en Ecoloxistas en Acción e en Esquerda Anticapitalista, e é membro da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica. En febreiro de 2015 foi elixido membro do Consello Cidadán de Podemos na Comunidade de Madrid.«Alegre gana por la mínima la Secretaría regional de Podemos», Europa Press, 14 de febrero de 2015.

O 7 de outubro de 2019, nunha protesta ecoloxista conxunta de Extinction Rebellion e 2020 Rebelión por el Clima, foi detido ao bloquear a ponte de Nuevos Ministerios de Madrid.«El filósofo Jorge Riechmann, detenido tras participar en las protestas climáticas», La Vanguardia, 7 de octubre de 2019.

Premios e recoñecementos Obtivo premios de poesía como os seguintes: Premio Hiperión (1987) por Cántico da erosión (ex aequo con Miguel Casado) , "Feira do Libro de Madrid-Parque do Bo Retiro" (1993), nacional "Villafranca del Bierzo" (1996), Premio Xaén (1997), Internacional Gabriel Celaya (2000), Stendhal de tradución (2000), Cidade de Mérida (2008), entre outros.

Notas

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Profesores da Universidade de Barcelona Categoría:Alumnos da Universidade Humboldt de Berlín Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia Categoría:Sociólogos de España