Dodge é un fabricante estadounidense de automóbiles, SUV e camións. Teñen a súa sede en Auburn Hills, Míchigan. É propiedade de Stellantis.

Historia esquerda|miniatura|Coche dos irmáns Dodge, de 1917. Dodge foi creado polos irmáns Horace e John Dodge en 1900. Dodge foi vendido a Chrysler en 1928. A mediados do século XX Dodge produciu automóbiles en diversos estados, entre eles España ou Brasil. Nese país latinoamericano foi inaugurado un museo sobre os modelos producidos alí.

En 2010, Dodge anunciou que escindiría a división Ram, converténdoa na súa propia marca.

Versión de Barreiros do Dodge Dart miniatura|Vista frontal dun Dodge 3700 GT.|esquerda Desde 1965 a 1977 unhas versións do Dodge Dart foron fabricadas na fábrica Barreiros de Villaverde. Un total de 17 589 unidades foron fabricados en España.

En 1969 os irmáns Barreiros cederon o control da fábrica a Chrysler debido ás malas vendas, pero a compañía americana deixou un gran número de partes non utilizadas dos Dart acumulándonse na fábrica.

O Dodge Dart GL era un modelo básico,Dodge Dart GL e o Dodge Dart GT era a versión "deportiva",Dodge Dart GT unha versión posterior foi o Dodge 3700 GT,Dodge 3700 GT o "3700" do nome é un número de referencia aos 3,7 litros de desprazamento.

Todos os Dart tiveron o maior motor de gasolina xamais montado nunha produción masiva de coches en España nesa época, o Chrysler Slant 6 225 in³.

Unha versión Diésel do Dart, chamada Barreiros Diésel fabricouse tamén nese tempo,Dodge Dart Diesel este modelo era moi básico, con luces traseiras parecidas ás da primeira xeración do Simca 1000.

A produción dos Dart españois finalizou en 1977. Peugeot comprou a fábrica de Villaverde, así como as operacións europeas de Chrysler en España, Francia e o Reino Unido.

A partir de 1970 moitos Dodge Dart que servían como coches oficiais foron vendidos, aínda que quedaron uns poucos en servizo. O atentado a Luis Carrero Blanco do 20 de decembro de 1973 foi realizado mentres viaxaba no seu Dodge Dart 3700 GT.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Dodge Viper Stellantis Eduardo Barreiros Ligazóns externas Sitio web de Dodge

Categoría:Dodge