Malmö é un concello sueco do condado de Escania. A súa capital é a cidade de Malmö, a terceira máis grande do país. O muncicipio é parte do Stormalmö (a área metropolitana de Malmö) e constitúe o seu propio distrito electoral nas eleccións parlamentarias en Suecia.
O concello pertence a unha das zonas con maior influencia cultural de Suecia. Durante moito tempo foi un dos concellos industriais máis importantes de Suecia. Porén, no presente os sectores máis grandes son o comercio, os servizos empresariais, e, sobre todo, o sector público.
Dende a formación do municipio en 1971 a poboación disminuíu, pero a tencencia cambiou a pincipios dos anos 2000 e o presente os habitantes continúan aumentando. En setembro de 2022 o municipio tiña unha poboación de 356 165 habitantes. O concello é un forte bastión para os socialdemócratas, que están no poder dende o ano 1994.
Xeografía O concello está situado no suroeste do lanskap de Skåne, co Öresund ao oeste. O municipio de Malmö limita ao norte cos concellos de Burlöv e Staffanstorp, ao leste co de Svedala e ao sur co de Vellinge. O concello ten fronteira marítima ao norte cos municipios de Kävlinge e Lomma. No outro lado do Öresund limita cos concellos daneses de Dragør, Tårnby e Copenhague.
Conservación natural No ano 2022 había tres reservas naturais no concello de Malmö: os prados húmidos de Bunkeflo, Foteviksområdet e a canteira de calcaria de Limhamn.
A primeira reserva natural do municipio, os prados húmidos de Bunkeflo, fundouse en 2006 e está administrada polo concello. Nela hai 300 especies distintas de plantas, algunhas delas bastante raras. A seguinte reserva, a da canteira de Limhamn, fundouse en 2010 e tamén está administrada polo municipio. Para acceder á zona, que alberga 2 000 especies diferentes, precísase guía.
Foteviksområdet fundouse en 2011 e tamén está clasificada como unha zona da Rede Natura 2000. A área é o lugar máis importante en Suecia para o moi raro pilro curlibico. Ademais atópanse dúas especies de anfibios moi raras, o sapo verde europeo e o sapo corredor. A tamén rara avelaíña Photedes morrisii pode atparse nas zonas con xuncos.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Escania