Utama é un filme de 2022 dirixido e escrito por Alejandro Loayza Grisi. É unha coprodución entre Bolivia, o Uruguai e Francia. Estreouse no Festival de Cinema de Sundance en xaneiro de 2022, e nos cinemas de Francia en maio de 2022. Foi escollido como candidato de Bolivia para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse No Altiplano, nas áridas terras altas dos Andes, vive unha parella de anciáns falantes de quechua. O enfermo Virginio, sabendo que está a piques de morrer, pasa os seus últimos días ocultando esta condición á súa muller Sisa. Unha longa vida xuntos agóchase detrás da parella quechua.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Bolivia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua quechua Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Bolivia Categoría:Filmes do Uruguai Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes sobre a vellez Categoría:Filmes ambientados en Bolivia Categoría:Filmes rodados en Bolivia