Xosé Luís Álvarez Pérez, nado en Mos en 1976, é un profesor e escritor galego.
Traxectoria Profesor de ensino secundario, veciño de Nigrán. En 1998 gañou o Certame Manuel Murguía de narracións breves ex aequo co relato Amencer. Ao ano seguinte gañou o premio Modesto R. Figueiredo. Volveu gañar o premio Modesto R. Figueiredo polo relato "De noite non reces aos ídolos" en 2003.Xosé Luís Álvarez Pérez recibe o premio Modesto Figueiredo de narracións breves Volveu gañar o Certame Manuel Murguía de narracións breves en 2004 ex aequo co relato Detrás dos meus ollos.
Obras Pedro e as nubes, 1996.
Notas
Categoría:Profesores de educación secundaria
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Mos Categoría:Nados en 1976