miniatura|250px|Interior do Kupittaan monitoimihalli. O Kupittaan monitoimihalli coñecido dende 2022 como Rajupaja Areena por motivos de patrocinio, é un pavillón multipropósito situado no distrito de Kupittaa da cidade de Turku (Finlandia).
O pavillón foi inaugurado no outono de 2006 no lugar onde se encontraba un estadio de hóckey sobre xeo anterior, inaugurado en 1973 e con capacidade para unhas 5 500 persoas. O Kupittaan monitoimihalli ten capacidade para 2 985 persoas. e nel xogan os seus partidos como locais o TuTo da liga Mestis, o equipo feminino do TPS que compite na Naisten Liiga, entre outros. Ademais no antigo estadio xogou os seus partidos como local o principal equipo de hóckey sobre xeo da cidade, o TPS dende 1973 ata o seu traslado ao Gatorade Center en 1990.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Deporte en Turku Categoría:Pavillóns de hóckey sobre xeo de Finlandia