A peli do fútbol (orixinalmente en ) é un filme estadounidense de animación de 2022 dirixido por Mitch Schauer. Estreouse o 9 de novembro de 2022 na plataforma Netflix, onde conta con versión dobrada en lingua galega. Converteuse no terceiro filme orixinal de Netflix dobrado nesta lingua, logo dos filmes O monstro mariño e O ascenso das Tartarugas Ninja: A película.
Conta a historia de catro afeccionados ao fútbol adolescentes que se unen para axudar aos seus ídolos a recuperar as súas habilidades no terreo de xogo, despois de que un científico lles quitase o talento. A animación conta cos futbolistas Zlatan Ibrahimović e Megan Rapinoe, quen tamén dan voz na versión orixinal.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de comedia dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2022 con versión en galego