Antonio Fernandes, nado en París o 3 de xaneiro de 1981, é un hacker e experto en ciberseguridade galego. Traxectoria

Foi avaliador de proxectos de innovación e ciberseguridade para a Comisión Europea na European Innovation Council ou a European Defense Agency, e membro do subgrupo de expertos Artificial Intelligence (AI), Connected Products and other New Challenges in Product Safety.

Traballou como profesor de ciberseguridade en centros como IESIDE, Centro de Estudos Garrigues, C1b3rWall de Policía Nacional e Mentor da National Cyberleague da Guardia Civil.

Tamén é un destacado cazador de bugs (bug bounty) obtendo recoñecemento público por parte de entidades como Google, Facebook, Twitter, Uber, Microsoft, Intel, Apple, Departamento de Defensa dos Estados Unidos, a Unión Europea, o Goberno dos Países Baixos, Symantec.

É organizador e colaborador de eventos de seguridade da información como ISACA, ISMS Forum,,ViCON e Hack & Beers Vigo. En 2022 traballa como Cybersecurity Manager en FINSA, empresa multinacional de Galicia.

Recoñecementos

Most Valued Hacker (HackerOne Madrid Meetup, 2019) Chief Security Envoy (Elevenpaths, 2019)

Notas

Categoría:Hackers Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1981