O Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento da violencia machista é un premio que galardoa o tratamento axeitado da violencia de xénero nos medios de comunicación. Está convocado polo concello de Redondela xunto coa familia de Sesé Mateo e recoñece a figura de Sesé Mateo, activista social e poeta asasinada. A súa primeira edición foi no ano 2021 con dotación económica de 1 500 euros.
Traballos premiados 2021: Reportaxe sobre o funcionamento da ferramenta Viogén de Patricia Costa Grande 2022: "Mentres dormes", do podcast Superando a ficción de Cristina García López. 2023: "A orde de afastamento sen pulseira non vale": a vida das 151 mulleres no seguimento por violencia machista en Galicia de Ana G. Liste
Notas
Categoría:Perspectiva de xénero Categoría:Redondela Sesé Mateo Categoría:Violencia contra as mulleres