Lenka Reinerová, nada en Praga o 17 de maio de 1916 e finada na mesma cidade o 27 de xuño de 2008, foi unha escritora checa en lingua alemá.
Traxectoria Reinerová medrou no seo dunha familia xudía. A súa nai era bohemia, de Žatec, e o seu pai de Praga. Traballou como tradutora, intérprete e editora de Arbeiter-Illustrierte-Zeitung até pouco antes de estalar a segunda guerra mundial. Cando as tropas nazis invadiron o país, Reinerová atopábase de viaxe en Romanía. Tras falar coa súa irmá, quen si estaba no país, decidiu refuxiarse en Francia. Desde alí viaxou a Marrocos en 1938 e máis tarde a México, xunto ao xornalista e escritor Egon Erwin Kisch. Viviu varios anos no país e trabou amizade con Frida Kahlo, Diego Rivera e algúns artistas españois exiliados alí.
Tralo remate da guerra volveu a Checoslovaquia pero pouco tempo despois foi encarcerada polo réxime comunista. Narrou dita experiencia anos máis tarde na súa novela Alle Farben der Sonne und der Nacht («Todas as cores do sol e da noite»), publicada en 2004.
Tras ser liberada, desterrárona á provincia coa súa familia e non foi rehabilitada até 1964. Tras a Primavera de Praga prohibíuselle publicar, foi expulsada do Partido e perdeu o seu traballo nunha editorial.
Morreu o 27 de xuño de 2008 en Praga aos 92 anos.
Obra Entre os seus libros cabe destacar:
Das Traumcafé einer Pragerin (1996) Mandelduft (1998) Zu Hause in Prag - manchmal auch anderswo (2000) Alle Farben der Sonne und der Nacht (2004) Närrisches Prag (2005) Es begann in der Melantrichgasse (2006) Das Geheimnis der nächsten Minuten (2007)
Premios Entre outros premios, Lenka Reinerová recibiu os seguintes galardóns:
En 1999 foi galardoada co premio Schillering da Fundación Schiller. En 2003 concedéuselle a Medalla Goethe.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
en Radio.cz Lenka Reinerová «Biografía e colección de recensións». Perlentaucher
Categoría:Nados en Praga Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 2008