Battle of the Sexes é un filme británico-estadounidense de 2017 dirixido por Valerie Faris e Jonathan Dayton e escrito por Simon Beaufoy. O argumento está vagamente baseado no partido de tenis de 1973 entre Billie Jean King e Bobby Riggs. Está protagonizado por Emma Stone e Steve Carell como King e Riggs, xunto con Andrea Riseborough, Elisabeth Shue, Austin Stowell, Bill Pullman, Natalie Morales, Eric Christian Olsen e Sarah Silverman nos papeis secundarios. O filme marcou a segunda colaboración entre Carell e Stone despois de Amor estúpido e tolo, e a segunda colaboración entre Riseborough e Stone dende Birdman.
Estreouse no Festival de Cinema de Telluride o 2 de setembro de 2017, e estreouse nos cinemas dos Estados Unidos a través de Fox Searchlight Pictures o 22 de setembro de 2017. Recibiu valoracións positivas por parte da crítica, que elixiou as interpretacións de Stone e Carell, así como a dirección. Malia a boa acollida da crítica foi un fracaso de recadación, conseguindo só 18,6 millóns sobre un orzamento de 25 millóns de dólares.
Personaxes
Emma Stone como Billie Jean King Steve Carell como Bobby Riggs Andrea Riseborough como Marilyn Barnett Sarah Silverman como Gladys Heldman Bill Pullman como Jack Kramer Alan Cumming como Cuthbert "Ted" Tinling Elisabeth Shue como Priscilla Riggs Austin Stowell como Larry King Natalie Morales como Rosie Casals (“Original 9”) Jessica McNamee como Margaret Court Fred Armisen como Rheo Blair Lewis Pullman como Larry Riggs Martha MacIsaac como Jane “Peaches” Bartkowicz (“Original 9”) Mickey Sumner como Valerie Ziegenfuss (“Original 9”) Bridey Elliott como Julie Heldman (“Original 9”) Eric Christian Olsen como Lornie Kuhle Wallace Langham como Henry Matt Malloy como terapeuta de Rigg Dan Bakkedahl como Gamblers Anon Leader Chris Parnell como DJ Bob Stephenson como PR Sugar Daddy John C. McGinley como amigo de Bobby James Mackay como Barry Court Lauren Kline como Nancy Richey (“Original 9”) Ashley Weinhold como Kristy Pigeon (“Original 9”) Fidan Manashirova como Judy Tegart Dalton (“Original 9”) Kaitlyn Christian como Kerry Melville Reid (“Original 9”) Mike Vogel como Nightclub Dancer Tom Kenny como Bob Sanders
Notas
Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Jonathan Dayton e Valerie Faris Categoría:Filmes de Fox Searchlight Pictures Categoría:Filmes ambientados en 1973 Categoría:Filmes feministas Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América