1 centavo LincolnModelo orixinal (1909-1958) "1 Cent "Lincoln - Wheat Ears Reverse"". Numista.com260x260pxA/: Retrato de Abraham Lincoln cara á dereita. Marca de ceca e de gravador (V.D.B.). Data. Lendas: IN GOD WE TRUST / LIBERTY.R/: Dúas espigas de trigo rodeando as lendas. Lendas: E PLURUBUS UNUM / ONE CENT / UNITED STATES OF AMERICA Datas: 1909-1958. Cecas e marcas: Filadelfia (sen marca), Denver (D) e San Francisco (S). Gravador: Victor David Brenner. Aliaxe: bronce (aceiro e cinc en 1943-1944)."1 Cent "Steel Cent"". Numista.com Diámetro: 19,00 mm. Peso: 3,11 g. Espesor: 1,40 mm. Canto: liso. A moeda dun centavo de dólar Lincoln (en inglés: Lincoln cent ou Lincoln penny) é unha moeda emitida con ese valor facial desde 1909 pola Casa da Moeda dos Estados Unidos, caracterizada por amosar no seu anverso o retrato do expresidente Abraham Lincoln, deseñado por Victor Brenner.

Brenner foi tamén o autor do reverso orixinal da moeda (1909-1958), que foi posteriormente substituído por outro deseñado por Frank Gasparro (1959-2008), no sesquicentenario do nacemento de Lincoln, e finalmente por un terceiro creado por Lyndall Bass (desde 2010). Ademais, en 2009 houbo unha serie de reversos conmemorativos do bicentenario do nacemento do expresidente.

En 1905, o escultor Augustus Saint-Gaudens foi contratado pola Casa da Moeda dos Estados Unidos para se encargar do redeseño da moeda dun centavo e das catro moedas de ouro dos sistema, que por levaren máis de 25 anos en circulación non precisaban a aprobación do Congreso para a súa substitución ou modificación. Dous dos deseños propostos por Saint-Gaudens para o centavo foron finalmente adaptados para as moedas de ouro, e o escultor faleceu en 1907, antes de propor un deseño definitivo para o centavo. Nesta conxuntura, a Casa da Moeda dos Estados Unidos encargoulle en xaneiro de 1909 a Victor David Brenner o deseño da moeda dun centavo coa imaxe do defunto presidente Abraham Lincoln, co gallo de conmemorar o centenario do pasamento ese mesmo ano. Tratábase do primeiro presidente do país que protagonizaba unha moeda de circulación ordinaria, unha idea que anos antes tería sido considerada como herdeira dunha tradición monárquica. Con todo, o deseño de Brenner foi finalmente aprobado e as novas moedas dun centavo foron postas en circulación o 2 de agosto de 1909, cun grande interese por parte da poboación.

As iniciais de Brenner (V.D.B.) no exergo no reverso consideráronse demasiado prominentes e foron retiradas dos cuños no mesmo 1909, aos poucos días do lanzamento, e non volveron aparecer na moeda ata 1918, daquela no truncamento do ombreiro de Lincoln, no reverso.

A emisión orixinaria do centavo Lincoln era dun 95% de cobre. En 1943 cambiouse polo aceiro recuberto de cinc, cando o cobre se encareceu por mor do esforzo da segunda guerra mundial, e finalizada esta volveu á súa composición inicial. En 1982, a inflación do prezo do cobre motivou un novo cambio e a partir de entón o centavo pasou a ter un núcleo de cinc revestido por unha fina capa de cobre.

Primeiro modelo (1909-1958)

Inicio En 1904, o daquela presidente dos Estados Unidos Theodore Roosevelt escribiulle ao secretario do Tesouro, Leslie Mortier Shaw, para se queixar da falta de nivel artístico das moedas circulantes do país e preguntoulle se sería posible contratar un artista privado, como o escultor Augustus Saint-Gaudens, para que se encargase dun redeseño xeneralizado das moedas estadounidenses.Burdette, R. W. (2007). Páxina 19. Seguindo esta idea de Roosevelt, o director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, George E. Roberts, contratou a Saint-Gaudens para o redeseño da moeda dun centavo e das catro moedas de ouro do sistema (20 dólares, 10 dólares, 5 dólares e 2½ dólares). Como os deseños vixentes destas moedas levaban máis de 25 en uso, non se precisaba do trámite da súa aprobación por parte do Congreso, senón unicamente polo secretario do Tesouro.Burdette, R. W. (2007). Páxina 20. O centavo tipo Indian Head, que foi substituído polo do busto de Lincoln, levaba en circulación desde 1859.Breen, W. (1988). Páxina 217.

Saint-Gaudens concibiu orixinariamente un deseño dunha aguia en voo para o centavo,Moran, M. F. (2008). Páxina 264. pero por petición de Roosevelt acabou desenvolvéndoo para a moeda de 20 dólares, xa que a lei impedía que unha aguia aparecese sobre unha moeda dun centavo.Moran, M. F. (2008). Páxina 270. O escritor numismático Witter Bynner, amigo de Saint-Gaudens, lembraba que o deseñador —daquela gravemente enfermo de cancro— criticaba diariamente os seus colaboradores no redeseño das moedas, incluída a dun centavo. Saint-Gaudens envioulle a Roosevelt un novo deseño para o anverso do centavo en febreiro, que representaba a Estatua da Liberdade; Roosevelt suxeriulle que lle engadise un gorro de guerra dos nativos americanos e díxolle, "non vexo por que non poderiamos ter un toucado convencional americano para a figura da Liberdade".Moran, M. F. (2008). Páxina 285. En maio de 1907, Roosevelt deu instrucións de que o deseño de inspiración india se destinase para a moeda de ouro de 10 dólares. Daquela a saúde de Saint-Gaudens estaba xa moi deteriorada e finalmente morreu o 3 de agosto, sen ter presentado un deseño alternativo para o centavo. miniatura|Fotografía de Abraham Lincoln de perfil, obra de Anthony Berger, que puido servir de modelo para o centavo (Washington, 9 de febreiro de 1864)."President Abraham Lincoln, with beard; half-length portrait, seated profile". Library of Congress. Logo de completar o redeseño das catro moedas de ouro en 1908, Roosevelt centrou a súa atención no centavo. O centenario do nacemento do asasinado presidente Lincoln tería lugar en febreiro de 1909 e xa se estaba a comercializar unha gran cantidade de recordos e obxectos conmemorativos por iniciativa privada. Moitos cidadáns escribiran ao Departamento do Tesouro para propor a creación dunha moeda na honra de Lincoln, e Roosevelt estaba moi interesado en lembrar o seu compañeiro republicano. Isto supuña unha ruptura coa tradición numismática estadounidense, xa que antes do centavo ningunha moeda do país de circulación ordinaria representara unha persoa real, senón que aparecían adoito personificacións alegóricas, como a da Liberdade.Vinciguerra, T. (2009). "Now if Only We Could Mint Lincoln Himself". En The New York Times. 7 de febreiro. Varios autores suxeriran unha moeda conmemorativa de medio dólar para honrar a Lincoln, mais o deseño desa moeda modificárase en 1892 e aínda non podía ser alterado sen a aprobación do Congreso. Naquel momento, Roosevelt aproximábase ao final do seu mandato e non quería involucrar o Congreso.Burdette, R. W. (2007). Páxinas 20-21, 24.

A finais de 1908, Roosevelt reuniuse co escultor Victor David Brenner, que daquela estaba a deseñar unha medalla para a Comisión da Canle de Panamá. Aínda que non se redactou acta do contido desta reunión, parece que trataron os plans de Roosevelt de redeseñar por completo os deseños das moedas. Roosevelt admirara publicamente unha placa co busto de Lincoln que Brenner realizara en 1907.Bowers, Q. D. (2008). Páxina 12. Non se coñece con certeza o motivo polo que se seleccionou a Brenner para o redeseño da moeda dun centavo, pero en xaneiro de 1909 o director da US Mint, Frank A. Leach, contactou con el para falar dos seus honorarios por este deseño. Brenner mencionou na súa correspondencia con Leach que ao presidente lle gustara o seu deseño de Lincoln e non hai constancia de que Brenner partise de ningún outro modelo para o seu deseño do anverso do centavo.Burdette, R. W. (2007). Páxinas 25-26.

Deseño e preparación miniatura|Placa de bronce elaborada por Victor David Brenner (1907), co busto de Abraham Lincoln."LOT #38097. Auction #6066". Heritage Auctions. 30 de novembro de 2011. O deseño de Brenner para o anverso do centavo segue de preto un perfil de Lincoln que xa se utilizara noutros traballos, como a placa de escritorio que el mesmo elaborara en 1907 para a Gorham Manufacturing Company. O historiador numismático Roger Burdette suxire que Brenner se baseou para esta placa nunha fotografía de Lincoln tomada en 1864 no estudio de Mathew Brady, en Washington, por un dos seus axudantes, Anthony Berger. No entanto, Burdette engade que nunha carta do 1 de abril de 1909 Brenner mencionou que ao concibir o deseño imaxinou a Lincoln léndolle a un neno, situación na que o escultor consideraba que Lincoln tería un cariz axeitado. Isto fai pensar que Brenner podería terse inspirado na coñecida fotografía de Brady de Lincoln co seu fillo, Tad.Burdette, R. W. (2007). Páxinas 30-32. Aínda que tradicionalmente se pensou que Lincoln estaba a ler a Tad nesta fotografía, na descrición da fotografía feita pola Biblioteca de Congreso afírmase que sostiña un álbum de fotografías. Nun estudo de 2012 publicado na revista numismática Coin World, o historiador numismático Fred Reed avogou por que o traballo de Brenner sobre Lincoln se baseou nun retrato de Lincoln de perfil dereito feito por Brady que fora tomado o mesmo día que a foto co seu fillo —tomáronse varias fotos naquela sesión—."Photograph of President Abraham Lincoln". Library of Congress. Como a fotografía en cuestión só amosaba a cabeza e os ombreiros de Lincoln, Reed indica que Brenner obtivo o resto dos detalles dunha fotografía da campaña de 1860, dun Lincoln daquela sen barba.Reed, F. (2012). "Not the Lincoln You Know". En Coin World. 53 (2704). Febreiro. Páxinas 4–5, 14, 20, 22–24, 28, 32, 36, 40. miniatura|Abraham Lincoln e o seu fillo Tad ollando un álbum fotográfico."Abraham Lincoln and his son Tad looking at an album of photographs". Library of Congress. O 18 de xaneiro de 1909, Brenner presentou na Casa da Moeda os seus modelos dun perfil de Lincoln para o anverso e un deseño do reverso moi similar ao das moedas francesas de prata da época, que amosaba unha póla dunha árbore. Tamén propuxo modelos para un medio dólar de prata de Lincoln, co defunto presidente nunha das súas faces e unha representación da Liberdade en pé na outra, case idéntico á da outra cada da mesma moeda francesa, coa imaxe da "Sementadora". O director da US Mint, Leach, contestoulle o 2 de febreiro que non se podían facer cambios na moeda de medio dólar sen a aprobación do Congreso. O 9 de febreiro, Leach deu mostras de que coñecía a inspiración francesa do deseño da póla de árbore —o historiador numismático Don Taxay sinala que é estraño que non dixese nada tamén acerca da orixe do deseño da Liberdade en pé, dado que procedía da outra cara da mesma moeda francesa—. Leach non debateu co escultor acerca da orixe destes deseños e limitouse a rexeitalos por inadecuados para o reverso do centavo.Taxay, D. (1983) . Páxina 331.

Leach instou o escultor a que dispuxese un deseño sinxelo, simplemente coa indicación do poder facial e o lema nacional E PLURIBUS UNUM.Burdette, R. W. (2007). Páxina 37. Brenner traballou con rapidez e o 17 de febreiro entregou modelos do anverso e do reverso xa moi semellantes aos da moeda final, aínda que cun busto de Lincoln algo meirande e sen o lema IN GOD WE TRUST.Taxay, D. (1983) . Páxina 335. Como elemento de deseño para o reverso, Brenner utilizou dúas espigas de trigo duro.Breen, W. (1988). Páxina 226. Estes deseños foron analizados polo presidente Roosevelt, quen os aprobou coa condición de que se modificase a grafía da palabra VNITED, proposta por Brenner, por UNITED, como se escribía habitualmente.Burdette, R. W. (2007). Páxina 38. Logo da análise dos modelos por parte de Leach, este obxectou que Brenner colocara no anverso o seu apelido enteiro, ao que o escultor contestou: "quitareino e poreino en letras pequenas no reverso".