Os alemáns do Báltico (en alemán: Deutsch-Balten ou Baltendeutsche) eran alemáns étnicos que habitaron na costa oriental do mar Báltico, en territorios que hoxe conforman os países de Estonia e Letonia.

Ao longo dos seus 700 anos de historia, as familias dos alemáns do Báltico tiñan, obviamente, raíces étnicas alemás, pero tamén casaron con estonianos, livonios e letóns, así como con outros pobos do norte ou do centro de Europa, como daneses, suecos, irlandeses, ingleses, escoceses, polacos, húngaros e neerlandeses. Nos casos nos que se producían matrimonios mixtos, os membros dos demais grupos étnicos asimilaban con frecuencia á cultura alemá, adoptando a lingua, os costumes e os nomes de familia alemáns. Daquela eran considerados alemáns, o que levou á etnoxénese dos alemáns bálticos."Deutschbalten, im 19.Jh. entstandene Bez. fÜr die dt. Bewohner der Ostseeprovinzen des Russ. Reiches, der spÄteren Staaten Estland und Lettland" . Web.archive.org.

Os alemáns bálticos formaron a elite comercial, política e cultural desta rexión durante varios séculos, e incluso varios deles desempeñaron altos cargos na vida militar e civil do Imperio ruso, especialmente en San Petersburgo.

Desde o seu reasentamento forzado en 1939, os alemáns bálticos diminuíron notabelmente como un grupo étnico determinado xeograficamente.Miljan, Toivo (2004): Historical Dictionary of Estonia. Lanham-Seabrook, Maryland: Scarecrow Press. ISBN 978-0-8108-4904-4, p. 121.

Asentamento, desenvolvemento e apoxeo miniatura|240px|Bandeira dos alemáns do Báltico, hoxe cores da cidade de Riga miniatura|240px|Vista de Riga, nun gravado alemán do S. XVI miniatura|240px|Universidade de Tartu, de fala alemá, en 1860 miniatura|240px|Pontus Brevern-de la Gardie e a súa familia en 1860

Nos séculos XII e XIII, xusto antes das cruzadas bálticas, comezaron a chegar daneses aos territorios bálticos, seguidos case exclusivamente por alemáns católicos, tanto colonos (véxase Ostsiedlung) como cruzados.Christiansen, Eric (1980): The Northern Crusades: The Baltic and the Catholic Frontier 1100–1525. Minneapolis: University of Minnesota Press. ISBN 978-0-8166-0994-9. Despois das cruzadas bálticas na rexión de Livonia e, tras a vitoria final dos cruzados sobre os pobos bálticos, non só empezou un programa acelerado de cristianización para os pobos nativos, senón que, ademais, os cruzados alemáns e os colonos xermanos que lles seguiran tomaron rapidamente o control de todas as administracións da rexión.

Este dominio dos colonos alemáns estendeuse ás áreas política, económica (Riga e Tallin foron integradas na Liga Hanseática), educativa (como a Universidade de Tartu) e cultural de todas estas rexións durante máis de 700 anos,"Deutschbalten, im 19.Jh. entstandene Bez. fÜr die dt. Bewohner der Ostseeprovinzen des Russ. Reiches, der spÄteren Staaten Estland und Lettland" . Web.archive.org. Arquivado do orixinal o 12 de outubro de 2016. Consultado o 24 de outubrol de 1022. Até 1918, a pesar de ter sido os alemáns étnicos un grupo minoritario que alcanzaba só o 10 % da poboación total da rexión báltica a finais da Idade Media.

A maioría dos núcleos urbanos foron colonizados por comerciantes alemáns, pero os cruzados alemáns e os seus descendentes pronto adquiriron grandes leiras rurais, constituíndo un verdadeiro sistema feudal análogo ao do resto de Europa, onde a aristocracia terratenente de orixe alemá dominaba a vida política e económica, mentres que os nativos de orixe estoniana e letoa mantíñanse como servos, comerciantes ou pequenos artesáns nas zonas urbanas.

Nas áreas rurais, a abafadora maioría dos estonianos e letóns vivían como campesiños subordinados á aristocracia alemá, aínda que existían terratenentes nativos de menor riqueza. Exemplos desta situación de predominio alemán son o castelo dos cruzados de Kokenhusen en Livonia e o Schloss Doblen (ruinoso no século XIX, cando se construíu unha nova "Casa de campo", a Vila Todleben) e a mansión de Postenden, ambos os dous en Curlandia. Co declive do latín tras a Reforma protestante de inicios do século XVI, o alemán rapidamente pasou a ser a lingua oficial de todos os documentos oficiais, o comercio e os asuntos de goberno nos territorios estonianos e letóns durante centos de anos, até 1919.

A pesar de estar politicamente subordinados ao Imperio sueco desde 1530 até 1710, e a os tsares do Imperio ruso desde 1711 até 1917, ambos os gobernos sucesivos garantiron aos alemáns do Báltico os privilexios de clase e os dereitos especiais de administración cando incorporaron as provincias bálticas aos seus respectivos imperios. Incluso durante os anos da Rusia tsarista, os alemáns bálticos de orixe aristocrática destacaron como militares, mariños e funcionarios da administración pública ao servizo do réxime imperial, asimilándose á alta burocracia gobernativa mediante títulos nobiliarios rusos mentres conservaban, porén, a súa identidade cultural.

Os estonianos e letóns do Báltico, que sempre constituíron a maioría da poboación, tiñan dereitos e privilexios restrinxidos e residían especialmente nas zonas rurais como servos, comerciantes ou como serventes en fogares urbanos, mentres que a minoría alemá residía principalmente nas cidades. Como exemplo pódese citar que na cidade letoa de Riga, o 46,7 % da súa poboación en 1867 eran alemáns étnicos."National History Museum of Latvia". Lnvm.lv. Consultado o 23 de febreiro de 2022. A existencia dunha gran masa de estonianos e letóns no campo, subordinada a unha aristocracia alemá instalada nas cidades, estaba en consonancia co réxime social do Imperio ruso, e durou até ben entrado o Século XIX, cando a abolición da servidume en Rusia trouxo máis dereitos e liberdades políticas a estonianos e letóns, co conseguinte rexurdimento do seu nacionalismo.

miniatura|200px|esquerda|Gobernoratos de Estonia, Livonia e Curlandia, en 1835

A fin da servidume en 1863 causou unha migración de letóns e estonianos aos centros urbanos, logrando en pouco tempo maior poder económico e influencia social suficiente para desafiar a primacía da aristocracia alemá, que mantiña un predominio social desproporcionado co seu número de membros.

A poboación alemá do Báltico nunca superou máis do 10 % da poboación total:"Baltic states | History, Map, People, Independence, & Facts". Encyclopedia Britannica:

En 1881, calcúlase que vivían aproximadamente 46 700 alemáns étnicos en toda a provincia rusa de Estonia (Gobernorato de Estonia), só o 5,3 % da poboación.Baltic Germans in Estonia, Estonian Institute einst.ee.

E o censo oficial do Imperio ruso de 1897 determinou que vivían 120 191 alemáns étnicos en Letonia (Gobernoratos de Livonia e Curlandia), formando o 6,2 % da poboación."Latvia - Population". countrystudies.us.

A autonomía cultural dos alemáns étnicos foi cuestionada e reducida a partir de 1881 pola política de rusificación impulsada polo tsar Alexandre III, pola cal se impuxo a educación exclusiva en ruso para todos os niveis e o emprego obrigatorio de dito idioma en toda a administración e a burocracia do Imperio, sen importar cal fora a lingua nativa da poboación administrada. Certamente os estonianos e os letóns víronse prexudicados culturalmente con ditas políticas, pero os alemáns bálticos recibíronas con maior rexeitamento, pois até ese ano (1881) gozaban dun réxime que lles permitía usar o idioma alemán como idioma oficial de facto das provincias bálticas.

Pese a isto, a rusificación oficial non prexudicou o poder e a influencia que exercían os alemáns do Báltico na política e a economía do Imperio ruso, nin o seu dominio social en Estonia e Letonia.

De todos modos, o estalido da primeira guerra mundial en 1914 causou novos problemas aos alemáns de Rusia en xeral, ao seren sospeitosos de deslealdade ou pouco patriotismo para enfrontarse ao Imperio alemán; porén, a gran maioría dos alemáns Bálticos, amparados na súa posición social, evitaron persecucións activas do réxime tsarista.

A influencia social e económica dos alemáns bálticos chegou ao seu fin coa desaparición do Imperio ruso (debido á revolución rusa de 1917), e a independencia de Estonia e Letonia en 1918 e 1919, respectivamente, cuxos gobernos republicanos eliminaron todo trato preferencial cara á minoría étnica alemá, ademais de abolir os privilexios da aristocracia e repartir as leiras dos terratenentes alemáns fuxidos entre pequenos propietarios letóns ou estonianos.

Despois de 1920, a maioría dos alemáns do Báltico víronse obrigados a emigrar cara a Alemaña, aínda que lles resultaba practicamente un país case tan estraño a eles como calquera outro, excepto polo idioma que falaban, mentres que outros decidiron quedar como cidadáns comúns nos novos países independentes acabados de formar.

Nas novas repúblicas de Estonia e Letonia, os alemáns étnicos puideron reconstruír a súa vida cultural con relativa facilidade, pero o seu número total se reducira moito desde o censo de 1897: antes da segunda guerra mundial os alemáns de Estonia sumaban apenas o 1,6 % da poboación, mentres que en Letonia constituían só o 3,3 %. Así mesmo, o seu poder e influencia política en ambos os países case desaparecera ao ser substituídos por novas elites nativas.

Emigración e desaparición miniatura|Territorios de Polonia ocupados polo Terceiro Reich. Liñas de partición despois do 6-22-1941. En laranxa escuro, o Wartheland

Tras o golpe de Estado de 1934 en Letonia e a posterior política de letonización seguida polo réxime do presidente Kārlis Ulmanis, a influencia política e económica dos alemáns étnicos letóns extinguise por completo, dando forza á opción de emigrar a Alemaña. A historia e presenza dos alemáns no Báltico chegou a un final abrupto a finais de 1939, tras a sinatura do Pacto Ribbentrop-Molotov e a posterior transferencia de poboación nazi-soviética.

O Terceiro Reich ofreceu aos alemáns do Báltico residentes en Estonia, Letonia e Lituania unha repatriación masiva para colonizar con eles as áreas que Alemaña conquistara coa invasión do oeste de Polonia, nas rexións de Białystok e Suwałki (rebautizadas colectivamente como Reichsgau de Wartheland, ou Wartheland, polos nazis).

Despois de que a URSS invadira os países bálticos en xuño de 1940, os alemáns aínda residentes alí aceleraron a súa emigración cara a Alemaña cando se lles ofreceu de novo esta posibilidade en xaneiro de 1941, aproveitando os acordos de transferencia de poboación entre Alemaña e a URSS, segundo os cales as autoridades soviéticas permitirían libremente que os civís alemáns emigrasen (opción prohibida a estonianos, letóns e lituanos). Porén, desta vez os alemáns do Báltico foron recibidos con sospeitas polo réxime nazi tras ter rexeitado a primeira oferta de emigración proposta por Hitler en novembro de 1939.

miniatura|Baltenlager, campo para alemáns bálticos refuxiados baixo protección nazi en Poznan, 1940

Cando Alemaña lanzou a Operación Barbarossa contra a URSS en xuño de 1941, os alemáns aínda residentes en Estonia e Letonia, agora baixo control soviético, foron arrestados e deportados maioritariamente a Siberia como "estranxeiros inimigos", e correron a mesma sorte que os demais alemáns de Rusia. Moitos dos alemáns do Báltico "repatriados" polos nazis desde fins de 1939 a inicios de 1941 foron repentinamente enviados de volta aos territorios bálticos a inicios de 1942, como parte do proxecto dirixido polo Terceiro Reich para a colonización por alemáns das zonas ocupadas da Unión Soviética. Esta "repoboación" non durou moito debido á ofensivas do Exército Vermello e, a mediados de 1944, os alemáns Bálticos retornados ao Leste polos nazis deberon ser evacuados caoticamente cara ao Oeste para dirixirse definitivamente a Alemaña, abandonando para sempre o seu lugar de orixe.