Acontecementos Roma Plinio o Vello serve como procurador na provincia Tarraconense. Domiciano é cónsul. Vespasiano e Tito son censores. Aproveitan para purgar o senado romano de opositores, mais tamén para abrilo a novos membros, provinciais ou itálicos. Vespasiano concédelle o dereito latino a todos os municipios de Hispania e favorece a promoción das elites coloniais. Flavius Silva tórnase legado de Xudea.

miniatura|200px|Vista actual de Masada Dirixidos por este, os romanos conquistan Masada, o derradeiro bastión xudeu. Á súa chegada á praza forte, os lexionarios romanos descobren todos os seus defensores mortos, incluídos as mulleres e os nenos. Suicidáranse colectivamente para evitar caer en mans dos romanos. Roma anexiónase a Pequena Armenia. Guerra do legado Cnido Pinarius Cornelius Clemens na Xermania (rematada ao ano seguinte).

Asia Comeza a guerra dos hunos na China (até o 91) Os xenerais Dou Gu (Teou Kou) e Geng Bing (Keng Ping) dirixen unha expedición en Mongolia contra os xiongnu do Norte, que partiron en fuga. Estableceuse unha colonia militar no oasis de Hami no deserto do Gobi para lles cortar a ruta aos xiongnu. Ban Chao (Pan-Tch’ao), competindo cos xiongnu, impón o protectorado chinés aos reis do Lop Nor e de Khotan na bacía do río Tarim co propósito de controlar a ruta da seda (73-94).

Nacementos

Mortes Tiridates I, rei de Armenia.

Outros Marcial escribe unha sátira sobre a covardía militar. Historia ano a ano

Categoría:73